Os populares constatan que “o Goberno central non tomou ningunha medida ante unha situación excepcional” e pregúntanse que traballo facían entón os axentes municipais ou quen o está a facer agora se á Policía Nacional non lle inflúe para nada que non haxa Policía Local”
Viveiro, 5 de outubro de 2024. O Goberno de España nega, en resposta oficial ante as preguntas dos senadores lucenses, a saturación nos medios e efectivos da Policía Nacional de Viveiro que se vén obrigados a suplir as baixas da Policía Local. É dicir, contradí as queixas dos axentes asegurando que “realizan con normalidade as funcións legalmente encomendadas” e que “conta coa previsión de medios humanos e materiais para facer fronte ás funcións de mantemento da orde e a seguridade cidadá que lle son propias”. É máis, sinalan que “o Catálogo de Postos de Traballo da Policía Nacional está cuberto ao 100%”.
Os senadores -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- dirixíanse formalmente ao Executivo para coñecer as medidas que tiña previsto adoptar para evitar a sobrecarga que supón para os axentes asumir as competencias da Policía Local que ten en situación de baixa a toda a plantilla dende o mes de febreiro.
Á vista da resposta, os populares constatan que “o Goberno central non tomou ningunha medida ante unha situación excepcional”. E tendo en conta que da súa resposta se desprende que “non lle inflúe para nada que Viveiro non dispoña na actualidade de efectivos da Policía Local”, pregúntanse que traballo facían entón os axentes ou quen o está a desenvolver agora”.
Os populares advirten que “son máis de 7 meses sen efectivos da Policía Local no municipio de Viveiro”, un problema que supón “múltiples inconvenientes na prestación dos servizos que teñen encomendadas estes efectivos”: control do tráfico urbano e actividades públicas, seguridade cidadá, instrución de atestados, custodia de edificios municipais ou auxilio e protección das persoas e bens e afecta tamén ao servizo de grúa.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



