Burela, 9 de outubro de 2024. O Concello de Burela responde ás acusacións do Partido Popular sobre os orzamentos nas festas patronais: “O Concello aportou 81.000€ e a Deputación 17.000€, como se dixo no pleno municipal”.
Así o expresa a concelleira de Festas e de Economía e Facenda, Patricia Eijo, que lamenta que “o PP de Burela xogue sempre a confundir aos veciños e veciñas, non é nada novo”.
O portavoz local do PP, Manuel Rouco, acusou ao Goberno municipal de non explicar no pleno os gastos das festas e afirmou que foron superiores aos 81.000€ anunciados.
“No último pleno explicouse, como se pode ver na gravación, que a aportación económica do Concello para as festas patronais foi de 81.000€”, subliña Eijo.
“Eses 17.000€ que ao señor Rouco non lle cadraron no Pleno xa lle explicamos que veñen da subvención do Plan Único da Deputación”, apunta a concelleira. “Grazas a esta institución e ao Concello podemos ter as festas que Burela merece”, engadiu.
Eijo lamentou que o voceiro do PP en Burela falase no pleno dunha suposta “cifra que anda circulando por aí” sen concretar de onde saíu dita cifra. “Esa frase xa o di todo, pouco máis que engadir”, sinala.
Recriminou aos populares que “engordan cifras, dan datos de oídas e non saber manexar facturas, demostran non dominar o básico da xestión económica dun concello”.
“Explicamos no Pleno a aportación municipal de forma clara, e ademáis, lembramos que desde hai anos a Comisión de Festas non pide colaboración económica polas casas, sendo o Concello quen aporta uns 8€ por persoa censada”, destaca a concelleira de Facenda.
“Resulta sorprendente que o portavoz do PP, con tantos anos como leva na oposición, aínda non saiba como son os trámites no Concello e que as preguntas realizadas dos plenos respóndense no seguinte ordinario, como así se fixo desde que se tivo a información”, explicou.
Entre os 81.000€ aportados polo Concello para as festas inclúense gastos como os 3.500€ para adecuar o piso do campo da festa, os 9.382,56€ do elevador para cortar o verde da alfombra e material como flores ou tintes, os 35.000€ da subvención que se lle concede á asociación das festas ou os 10.088€ da taxas de portos.
“Por suposto, colaboramos coas asociacións, como a das festas patronais ou a da alfombra floral, para sacar adiante as propostas e eventos da nosa vila”, indicou Eijo.
A concelleira pediu ao PP “actuar con coherencia, con datos reais, e apoiar por exemplo a solicitude ante Portos para que non se cobren esas taxas tan elevadas de máis de 10.000€”.
“Non lles quero dar leccións de como ser un bo político na oposición, pero neste caso deben deixar dun lado o seu propio ego para actuar con ética, xa que as festas patronais foron un orgullo para todos os bureleses e burelesas”, concluíu.




















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



