Nesta parroquia tamén se vai ampliar a rede de saneamento por un valor de máis de 100.000 euros procedentes do remanente de tesourería
Cervo, 23 de outubro de 2024. O Concello de Cervo está acometer estes días traballos de mellora da iluminación na parroquia de Castelo, en concreto nos lugares de Motín e Castro, e que supoñen a instalación de 37 luminarias novas.
A alcaldesa Dolores García Caramés, supervisou os traballos acompañada da concelleira Mali Méndez e do edil Alfredo Fernández, unhas obras que supuxeron un investimento de 40.000 euros cofinanciados entre o Concello e o Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.
Proxectouse pois –explicaron- unha reforma da instalación do alumeado público en parte soterrado o que embelece tamén os nosos barrios, coa instalación de novas luminarias que responden ao criterio da eficiencia enerxética, que supoñen un aforro da potencia instalada do 44%.
A alcaldesa explicou que con esta actuación seguimos investindo na mellora dos servizos nas nosas zonas rurais incidindo tamén no aspecto da mellora da seguridade ao reforzar a iluminación con novos puntos de luz.
E esta actuación –apuntou- non só implica a instalación en si de novas luminarias senón tamén o uso dunha tecnoloxía máis eficiente, que nos permitirá aforrar enerxía e reducir custes, en consonancia tamén coa nosa aposta polo respecto ambiental. Cada pequeno paso que damos neste senso é un avance cara a un futuro máis sustentable, salientou.
A alcaldesa tamén incidiu noutra importante obra que se vai acometer nos próximos meses tamén na parroquia de Castelo e que implicará a creación da rede de saneamento no lugar de “A Chousa de Motín”, por un valor de 108.724,48 euros. O proxecto contempla a creación dunha nova rede de sumidoiros de augas residuais en tubos de PVC entre pozos de rexistro e executaranse as acometidas domiciliarias, tamén se renovará a pavimentación dos tramos de calzada afectados, mellorando tamén as condicións de accesibilidade.
Esta actuación sufragarase con fondos do remanente líquido de tesourería.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



