Viveiro, 24 de outubro de 2023. O Concello de Viveiro celebra o Día das Bibliotecas, que se conmemora cada ano o 24 de outubro, con agasallos para todas as persoas que fagan uso hoxe da Biblioteca Pública Municipal.
A concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, explica que “as persoas que se acheguen hoxe á biblioteca pública tanto para retirar libros como para facerse socias terán como agasallo un estoxo conmemorativo de Superarte”.
Superarte, Certame de Teatro Feito por Persoas con Diversidade Funcional, é un dos eventos culturais e inclusivos máis destacados de Viveiro, e celebrou a pasada semana a súa VI edición.
Fernández Fernández-Noriega quixo tamén, con motivo desta data, “felicitar a todas persoas que fan posible que a Biblioteca Municipal de Viveiro estea sempre viva”.
O Día das Bibliotecas celébrase hoxe en toda España como parte dunha iniciativa do Ministerio de Cultura do Goberno dende o ano 1997, co obxectivo de promover a lectura e o uso das bibliotecas.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



