NOTA DE PRENSA
O GRUPO DE GOBERNO LOCAL DI QUE AS DECLARACIÓNS DOS SOCIALISTAS EN MATERIA DE SEGURIDADE CIDADÁ AMOSAN O SEU DESCOÑECEMENTO NA MATERIA
* Creen que o problema da inseguridade é cada vez maior como consecuencia da errada política do goberno socialista que leva a cifras dun 20% de paro
* Reclaman aos mandos políticos do PSOE na Subdelegación de Goberno en Lugo que ordene o reforzo da vixilancia en Cervo tras o acontecido nos últimos días
* Lémbranlles aos socialistas locais que os concellos de menos de 5.000 habitantes non están obrigados a dispoñer de Policía Local e que a seguridade cidadá nestes municipios é competencia da Subdelegación do Goberno
Cervo, 28 de outubro de 2008.- O equipo de Goberno do Concello de Cervo referiuse hoxe ás declaracións do Psoe local nas que solicitaban un aumento da vixilancia nocturna da policía local no municipio a raíz da baga de roubos sufridos nas últimas datas. Na súa opinión as devanditas manifestacións denotan que os socialistas “desgraciadamente aínda non se decataron de por quen está gobernado este país e da realidade de inseguridade cidadá que estamos a sufrir en todos os concellos debido á nefasta política económica levada a cabo polo Goberno do Estado nos últimos anos”. Os populares amosáronse convencidos de que o problema da inseguridade é cada vez maior como consecuencia da política errada que está a desenvolver o Goberno socialista e que leva a cifras dun 20% de paro -a maior dos países europeos- e a máis precariedade. “Cada vez escoitamos máis casos de roubos coma os acontecidos no noso concello, polo que faría falta outro Goberno para cambiar esta situación de empobrecemento das familias, que entre outras problemáticas está ser o caldo de cultivo ideal para que se incremente a delincuencia e os roubos”.
ASUMINDO UN SERVIZO AO QUE NON ESTÁN OBRIGADOS
O equipo de Goberno cervense amosou a súa preocupación e da veciñanza tras a baga de roubos producidos nos últimos días “tanto no termo municipal coma no conxunto da comarca”. Explicaron que as denuncias polos roubos sufridos no concello se interpuxeron diante da Garda Civil, “polo que a Policía Local non tiña constancia delas” e reclamaron ao Subdelegado do Goberno en Lugo que reforce a vixilancia no municipio tras os últimos acontecementos.
Reiteraron que corresponde aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado incrementar os esforzos de control destas actividades criminais, para o cal é necesario unha orde política, e lembraron que corresponde ao Goberno central e aos mandos políticos do PSOE -a través da Subdelegación de Goberno- ordenar que aumente a vixilancia. Neste senso recordaron que a Lei Galega de Coordinación das Policía Locais -que entrou en vigor en abril del 2007- esixe soamente aos municipios con máis de 5.000 habitantes dispor dun corpo propio de seguridade.
“A pesares de non ter a obriga de facelo, os veciños deste concello están asumindo un servizo ao que non están obrigados coma é o de Policía Local e iso a pesar do custe que lles supón anualmente” dixeron os integrantes do Goberno cervense. Puntualizaron que o Concello nunca dispuxera dun servizo de patrullas nocturnas de Policía Local e polo tanto dificilmente se poderían ter evitado os roubos dos que se queixan os socialistas. Sinalaron ademais que o feito de dispoñer de Policía Local non implica que as forzas de Seguridade do Estado estean eximidas de cumprir coa súa labor en concellos pequenos coma Cervo. “Estamos convencidos de que os axentes da Garda Civil destacados na comarca se esmeran día a día en facer ben o seu traballo, aínda que ás veces vense desbordados pola súa reducida plantilla. Dende o Concello estamos sempre dispostos a colaborar e coordinar estes esforzos con eles, como temos demostrado en infinidade de ocasións porque sabemos que por competencias, por capacidade e por traballo sempre será a Garda Civil a que teña que intervir nestes casos”.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



