“Unha vez que se demostrou que o novo sistema é un fracaso, chegando ao punto de ter que paralizar os permisos en todos os montes do ámbito municipal, desde este grupo municipal consideramos que é tempo de deixarse de experimentos e volver ao sistema antigo e reintroducir a obriga”
Ribadeo, 1 de novembro, 2024. O BNG de Ribadeo ven de presentar unha moción para modificar a ordenanza reguladora do uso e aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal e volver a introducir a obriga de depósito de fianza para todas as empresas madeireiras que soliciten permisos de corta. A finais de xaneiro o goberno do PP modificou esta ordenanza eliminando a garantía que se establecera no ano 2013. Hai pouco máis dun mes, o alcalde viuse obrigado, por primeira vez na historia, a prohibir os permisos de cortas e sacas de madeira dos montes ante o pésimo estado das pistas forestais.
O voceiro nacionalista, Pablo Vizoso apunta que “en xaneiro advertimos de que quitar ferramentas de protección para a veciñanza traería graves consecuencias, en só 8 meses o tempo deunos a razón. Naquel momento votamos en contra de eliminar unha ferramenta que se demostrara útil nos dez anos que estivo en funcionamento. Cando algunha pista quedaba sen arranxar bastaba con apercibir a empresa que realizara a corta e saca e esta arranxaba a vía sen dilacións. Nunca se tivo que chegar a executar unha fianza e inda menos prohibir totalmente as cortas en todo o concello. Era un elemento disuasorio que funcionaba. O goberno decidiu eliminar esta ferramenta, non sabemos por que razón ou interese, sen facer caso das nosas advertencias”.
Vizoso engadiu: “Unha vez que se demostrou que o novo sistema é un fracaso, chegando ao punto de ter que paralizar os permisos en todos os montes do ámbito municipal, desde este grupo municipal consideramos que é tempo de deixarse de experimentos e volver ao sistema antigo e reintroducir a obriga de depósito de fianza. Para iso presentamos esta moción. Protexer á veciñanza é o máis importante”.





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



