Así o fixo a través dun rogo no último pleno ordinario no que solicitan ao equipo de goberno que xestione a súa substitución
Foz, 4 de novembro de 2024. O Partido Popular de Foz trasladou as queixas dos usuarios do campo de fútbol de Malates polo mal estado do céspede artificial. Así o fixo a través dun rogo no último pleno ordinario no que solicitan ao equipo de goberno que xestionen, canto antes, a súa substitución. sinala que as rectificacións de Cajoto volven a demostrar o seu desastre na xestión.
Trece anos despois de ser cambiado, na actualidade existen buratos perigosos e as cebras do céspede están totalmente esmagadas. O rogo é froito das queixas de futbolistas e familiares que catalogan como graves as posibilidades de que algún usuario se lesione por pisar un furado ou por meter o pé nas liñas e franxas de céspede despegadas.
Fai anos, o goberno do Partido Popular xestionou a mellora do alumeado e a beirarrúa do campo de Malates, o cambio do céspede do Martínez Otero, o arranxo do pavillón de Marzán e a pista do Campo da Cabana, e “vemos como este goberno leva cinco anos sen case investimentos nas infraestruturas deportivas”, sinala o voceiro popular Javier Castiñeira.
“O señor alcalde, que ademais é deputado do goberno provincial, podería aprender, xa non do anterior goberno do PP, senón dos concellos limítrofes que veñen de recibir da Deputación de Lugo fondos para este tipo de obras”, finaliza Javier Castiñeira























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.


