“É lamentable que, despois de ver a situación na que se atopa o concello, os focenses estean a sufrir a suba de impostos municipais máis grande da historia”, finaliza o voceiro do PP de Foz
Foz, 8 de novembro de 2024. O Partido Popular sinala que PSOE e BNG subiron a auga, a contribución, a recollida do lixo e outros impostos municipais que agora escandalizan aos veciños e veciñas de Foz. Isto xa o denunciaran os populares naquel “xoves negro”, no pleno de novembro de 2023, no que o goberno de socialistas e nacionalistas acordaron incrementar gran parte dos impostos e taxas municipais.
Os veciños ven como o bipartito focense decidiu subir a contribución por varios anos, a auga un 70%, o servizo da Residencia de Maiores unha media dun 50%, a recollida do lixo, a escola de música, as escolas deportivas, as licenzas de obras, a ocupación da vía pública, a expedición de documentos, as casetas da praia… “Polo tanto, son centos de miles d euros que retiran dos petos dos cidadáns para malgastalos en políticas partidistas pouco útiles para o pobo”, critica o voceiro popular, Javier Castiñeira.
“É lamentable que, despois de ver o sucio que está o pobo, cheo de baches e sen pintar, coas parroquias mal rozadas e coa baixa calidade na prestación dalgúns servizos, os focenses estean a sufrir a suba de impostos municipais máis grande da historia no peor momento posible ao coincidir cunha baixada do poder adquisitivo pola inflación destes últimos anos. Ademais, é unha aberración que o goberno máis caro da historia, con cinco dedicacións e no que apenas se falan uns concelleiros con outros, sexa o que promova o asalto aos bolsillos dos veciños máis grande dos últimos anos”, finaliza o voceiro do PP de Foz.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



