Lugo, 8 de novembro de 2024. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres novos investimentos cos concellos da Pontenova, Taboada, Foz e Viveiro para desenvolver diferentes actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas da provincia.
Por unha banda, a institución provincial achegará algo máis de 122.000€ á Pontenova para desenvolver dous proxectos. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, informou que “desta cantidade preto de 65.000€ van destinados ao acondicionamento e creación dun novo anexo no único parque infantil deste municipio, situado na praza dos Fornos”.
O proxecto inclúe a substitución do pavimento de caucho, así como os xogos deteriorados polo paso do tempo, o uso e a climatoloxía. Ademais, tamén está prevista a construción dunha cuberta de pizarra na que se instalarán canalóns de aluminio. “Coa posta en marcha deste espazo e o correspondente arranxo do parque actual continuamos mellorando e dotando de novos servizos ao rural da nosa provincia. Deste xeito, os nenos e nenas da Pontenova e tamén as súas familias poderán desfrutar dunhas instalacións de calidade, cómodas e seguras”, avanzou Pablo Rivera.
O acordo de colaboración tamén inclúe algo máis de 57.000€ para realizar obras de acondicionamento e mellora en camiños municipais do núcleo de Souto de Mogos, situado na parroquia de Conforto. Esta actuación reforzará o firme existente mediante a pavimentación con aglomerado en quente “mellorando así a accesibilidade e a mobilidade da veciñanza da zona, na que tamén se atopan varias parcelas de uso agrícola que se verán directamente beneficiadas”.
Por outro lado, a Xunta de Goberno deste venres aprobou un convenio con Taboada de 105.000€ para realizar as seguintes actuacións:
– 30.170€ empregaranse para iniciar a reforma que converterá a antiga Casa Escola da Parroquia de Meixonfrío nun local social. Rivera Capón destacou que “con esta obra, na que se acondicionará de xeito integral toda a estrutura, damos resposta a unha demanda dos veciños e veciñas desta parroquia, que poderán desfrutar dun espazo de encontro onde realizar diferentes actividades”.
– Os 75.000€ restantes serán para acondicionar o Camiño das Neves, na parroquia de Meixonfrío, que dá acceso ás vivendas situadas no núcleo de Cadeiroás, Zoas e ao vial que une os núcleos de Friamonde e Couso, en Mourelle. Ademais, tamén se van realizar melloras no camiño da Bouza a Maxal que dá acceso ás vivendas do núcleo de Faquios e A Casilla. Nos dous casos mellorarase o pavimento e procederase á limpeza de cunetas co fin de facilitar a circulación das augas.
O Concello de Foz recibirá unha achega de 105.000€ para renovar o firme e realizar o repintado completo das rúas Alfonso X e Alfredo Brañas. Pablo Rivera sinalou que “esta actuación, que financiamos na súa totalidade desde a Deputación de Lugo, encaixa plenamente co modelo de Concello que se impulsa desde o Goberno local: un Foz moderno, seguro e pensado para o benestar da súa xente. Con esta iniciativa, non só melloramos a mobilidade e a seguridade viaria, senón que reforzamos o atractivo da vila para quen a visita, contribuíndo a dinamizar a vida social e económica do municipio”.
Por último, en materia de convenios aprobouse destinar ao Concello de Viveiro preto de 82.000€ para colaborar coa montaxe do Belén Xigante. Rivera Capón fixo referencia a importancia desta iniciativa como “reclamo turístico na comarca mariñá, pois son máis de 25.000 as persoas que a visitan cada ano o que repercute de xeito directo na economía da zona”.
VIII Concurso Fotográfico das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses
Na sesión de hoxe aprobouse a convocatoria e as bases reguladoras da VIII edición do Concurso de Fotografía das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Nesta ocasión, o fío condutor será o Patrimonio etnográfico material das Reservas, que representan ou describen estes territorios que contan cun gran patrimonio natural vencellado aos sistemas de aproveitamento sostible dos recursos naturais.
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses naturais tras a publicación da convocatoria e as bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP) nos vindeiros días. Establecese un primeiro premio de 800€, un segundo de 500€ e un terceiro galardón de 300€.
Venda dunha parcela no polígono industrial de Friol
Por último, a Xunta de Goberno aprobou a adxudicación directa da parcela número 10 do polígono industrial A Gándara, de Friol por un importe de 33.412,44€. Pablo Rivera informou que “neste polígono temos vendidas 29 parcelas, das 55 existentes, quedando libres 26 parcelas”.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



