Lara Méndez ironiza que “entraron uns gandeiros e saíron uns gaiteiros” e puntualiza que “pódense diversificar os usos das instalacións, pero aquí estamos a falar de falsidade documental”
Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024. A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Lara Méndez, levou hoxe á Comisión de Agricultura do Parlamento unha pregunta polo uso fraudulento do Centro de formación agraria Pedro Murias de Ribadeo por parte do alcalde. Méndez revelou hoxe que a Xunta autorizou o uso das instalacións o pasado 7 se setembro por parte da Asociación de Mozos Gandeiros, que non figura no rexistro da Consellería, pero que en realidade foi utilizado pola Real Banda de Gaitas de Ourense nas festas patronais.
A responsable socialista ironizou sinalando que “aquí entraron uns gandeiros e saíron uns gaiteiros, pero esta vez facendo uso fraudulento das instalacións”, e esixiulle ao goberno galego que tome medidas como mínimo iniciando un expediente informativo e investigando os feitos. Advertiu que “solicitouse para un fin e utilizouse para outro”, co agravante de que a asociación non está rexistrada, e “polo tanto ben pode ser un grupo de amigos do alcalde que utilizou como tapadeira”.
Explicou que mentres a Axencia Galega de Calidade Alimentaria autorizaba á dita asociación para utilizar as instalacións do Pedro Murias para unha actividade agraria, o Concello trasladáballe á Deputación de Ourense a escaleta das festas, na que figuraba a chegada da banda de gaitas ao Centro o sábado 7 e un pincho ás dúas da tarde do domingo no mesmo Pedro Murias.
Méndez compartiu a diversificación dos usos das instalacións do centro de formación agraria de Ribadeo, pero advertiu que “aquí estamos a falar de falsidade documental, dunhas instalacións solicitadas para un fin e utilizadas para outro”. Advertiu que “ser alcalde no implica que estea por riba da legalidade”, e alertou da “forma de actuar” do rexedor, que xa acumula dous expedientes abertos “e algunha sanción” por parte da Deputación de Lugo e o Ministerio de Mobilidade.
Preguntoulle á Xunta polos usos que lle están a dar ao centro, que rexistrou apenas 6 accións e 136 horas formativas durante todo un ano, o que evidencia que “teñen un rendemento baixísimo”. Reclamoulle á Consellería do Medio Rural que impulse o uso destas instalacións para reforzar a formación do sector agrario e como un factor importante na remuda xeracional, aproveitando os recursos para organizar por exemplo “colivings” agrarios e ofrecer formacións concentradas.
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



