Viveiro, 18 de novembro de 2024. O Concello de Viveiro acolleu a VII edición das súas Xornadas de Historia e Aqueoloxía Marítima, que foron “un éxito de participación” en palabras do concelleiro de Mar, Jesús Fernández Fernández.
O edil explicou que ás xornadas celebradas na Casa do Concello acudiu “xente tanto de Viveiro como de fóra da vila, que amosou a súa satisfacción polo desenvolvemento das mesmas”.
“Dende a Concelleiría de Mar, responsable da organización da actividade, estamos moi contentos do resultado, pois contamos con nove charlas moi interesantes”, subliñou.
O concelleiro quixo destacar dentro da programación a exposición dos barcos cargueiros de pequeno porte que operaban en Viveiro, levando diferentes cargas a localidades como Avilés, Xixón, San Esteban de Pravia, Bilbao ou Santander.
“Queremos amosar o noso agradecemento á UNED e a todas as institucións e colectivos participantes, que incluíron á Asociación de Cociñeiros de Lugo, encargada dunha xornada gastronómica centrada na merluza de pincho de Celeiro”, indicou Fernández.
Patrimonio da vila
“Poñer en valor a ampla historia da nosa vila é fundamental e unha prioridade para o noso Goberno local, como demostran iniciativas como esta”, afirmou o concelleiro de Mar.
Nese sentido, aproveitou a ocasión para recalcar a importancia de preservar o patrimonio histórico do municipio e facer un chamado á cidadanía para colaborar nesta tarefa.
“A semana pasada realizamos diversos labores de mantemento nos cañons dos xardíns noriega varela, algo que temos que facer dúas ou tres veces ao ano tanto polas inclemencias meteorolóxicas como por culpa do vandalismo”, lamentou o edil.
“Pedimos especial coidado con estes bens, que foron recuperados do pecio da fragata Santa María Magdalena, afundida en Viveiro xunto co bergantín Palomo o 2 de novembro de 1810, hai 214 anos”, apuntou.
Por esta razón engade que “é un deber de todos preservar estes dous cañóns e mais o obús, uns bens que merecen un grande respecto pola súa importancia histórica”.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



