O acto comezará co concerto de Iria Estévez e serán as xogadoras do equipo sénior feminino do Vilalba FS as encargadas de prender o alumeado de Nadal
Vilalba, 22 de novembro de 2024. A alcaldesa de Vilalba, acompañada polos concelleiros Ignacio Criado e Paula Vigo, presentaron na mañá de hoxe o evento co que o Concello de Vilalba celebrará o acendido das luces de Nadal o vindeiro sábado, 30 de novembro.
Unha xornada que comezará ás 19:00 horas na Praza da Constitución, fronte á Casa do Concello, co concerto da cantante galega de fado e músicas de raíz, Iria Estévez, quen ofrecerá un repertorio de cancións con temática de Nadal.
Deseguido, ás 20:00 horas, as xogadoras do equipo sénior feminino do Vilalba FS, recentemente ascendido a Segunda División Nacional e galardoado como mellor equipo do ano nos XVIII Premios El Progreso ao Deporte Lucense, serán as encargadas de prender o alumeado de Nadal.
“Cremos que é unha oportunidade perfecta para amosar o noso orgullo e admiración ás xogadoras do Vilalba FS, polos éxitos acadados este ano pero tamén pola gran labor que fan cada día para visibilizar e poñer en valor o fútbol feminino”, explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.
Ademais, o Concello de Vilalba tamén terá preparados agasallos para os nenos e nenas asistentes. “Dende o Concello queremos convidar a todos os vilalbeses e vilalbesas a que nos acompañen no acendido de luces, pois ademais poderán gozar da fantástica voz de Iria Estévez, quen xa ofreceu un concerto na nosa vila o pasado mes de abril”, sinalou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.
Ademais, Rouco explicou que “en caso de choiva montaremos unha infraestrutura para que poidamos resgardarnos e gozar do concerto con comodidade, aínda que esperamos que a meteoroloxía nos acompañe e a maxia do Nadal se apodere das nosas rúas”.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



