Ribadeo, 26 de novembro de 2024. Novo convenio da Xunta para reformar a Praza Pancho Maseda e o entorno das vivendas sociais da rúa Clemente Martínez Pasarón. Ribadeo mellorará así a accesibilidade de varios espazos no casco histórico.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos investindo, seguimos mellorando o noso casco histórico. Nestes momentos estamos a traballar na praza Pancho Maseda. Qué buscamos con esta mellora? A mellora da accesibilidade. É moi importante que todos os espazos públicos, todos os edificios públicos, teñan esa accesibilidade garantida. Fixémolo fai poucos días coa Escola de Música, construíndo ese ascensor e tamén eliminando as barreiras arquitectónicas, por exemplo, na porta lateral. Eu creo que é unha obra moi importante ter un novo ascensor, pero tamén é moi importante que as prazas, que os espazos públicos, teñan esa accesibilidade”.
O rexedor contou que “nesta praza, Pancho Maseda, agora no centro social hai moi actividade, hai moi persoas que acoden aí e hai que garantir tamén ese espazo seguro. Falamos, por exemplo, de que poida entrar un vehículo de emerxencias, unha ambulancia, un vehículo sanitario. Iso é o que queremos garantir, un espazo ao que poida entrar calquera vehículo dada unha dificultade. Tamén queremos mellorar todo o solo, toda esa lousa pedra. Debemos fixala, debemos colocala ben, debemos garantir a seguridade, eliminar todos eses árbores que ou estaban enfermos ou secos ou algún, dado que non se fixo unha poda, xa creou unha sobre poboación, e polo tanto non hai maneira de corrixilos, por iso se van plantar outros árbores”.
Vega subliñou que “tamén queremos garantir a seguridade baixando ao aparcamento da Rúa do Pobo. Hai unas escaleiras que esvaraban moitísimo. Vamos colocar unha valla para que non haxa risco de esvarar e polo tanto esa seguridade tamén garantila ou colocar unha valla nese muro final. Vamos colocar as bandeiras do Concello para sacalas do balcón, dado que producen danos, vamos colocalas tamén nesta zona. E tamén vamos mellorar todo o acceso ao edificio do Concello. Na entrada hai que arranxar as escaleiras, que están danadas, toda a rexa que está danada tamén debemos corrixila, o balcón central ten problemas porque durante os anos non houbo algún mantemento importante, tamén debemos investir aí. Ou diante da oficina de turismo, tamén vamos arranxar certas problemáticas que ten esa praza. Ou diante mesmo das vivendas sociais vamos eliminar todos eses contedores que non funcionan. Está certamente abandonado todo ese entorno. Vamos construír unha praciña, cun solo de pedra e colocar aí os contedores todos ben ordenados e unha zona de descanso para as persoas”.
O alcalde dixo que “adecentar todo o noso casco histórico, buscar a seguridade e tamén a accesibilidade son as obras que estamos realizando nestes momentos na Praza Pancho Maseda, diante tamén da oficina de turismo e tamén diante das vivendas sociais”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



