Este pasado domingo 24 de novembro tivo lugar a sétima e última etapa da quinta edición do “Camiño Gastronómico do Mar”, que recorreu os 15 concellos do norte de Galicia durante 7 fins de semana
A Mariña, 26 de novembro, 2024. O “Camiño Gastronómico do Mar” está organizado pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela para fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Camiño do Mar”, ruta xacobea que comunica por terra o Camiño Norte e o Camiño Inglés a Compostela.
Nas últimas sete fins de semana uns 180 peregrinos participaron nas diferentes etapas que foron percorrendo os 15 concellos da costa norte de Galicia, cruzando as comarcas da Mariña Lucense e Ferrolterra: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda.
En total 100 quilómetros de paseos que pisaron lugares tan emblemáticos e coñecidos mundialmente como a praia de As Catedrais ou o santuario de San Andrés de Teixido, pasando polas igrexas de Santiago de Fazouro (Foz), Vila do Medio (Burela, pinturas do s.XV), San Pablo (Río Barba, O Vicedo); as capelas de San Andrés (San Cibrao, antigo hospital de peregrinos), Santa Ana (Celeiro, antigo hospital de peregrinos en Viveiro) ou San Pedro (Mañón); ou as ruínas do antigo mosteiro de San Tirso (Portocelo, Xove).
Un percorrido que atravesou incomparables paraxes naturais, costeiros e fluviais, e no que tamén se aproveitou para coñecer os principais recursos patrimoniais dos concellos polos que transita o Camiño do Mar.
Outro dos grandes obxectivos cos que se lanzou esta iniciativa gastronómica hai xa cinco anos era fomentar o consumo de peixe e promocionar o “Peixe de Burela”.
Por iso, ao final de cada etapa, ofreceuse a todos os participantes unha degustación de produtos da lonxa de Burela a cargo dos chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, coa colaboración de Estrela Galicia e Cabreiroá. Este ano puidéronse degustar pratos de pescada do pincho, bonito do norte, peixe espada, tintorera, cabra de altura, xurel, rape, pota, bertorella ou congro, en representación das pricipales frotas do porto de Burela.
E, ademais da satisfacción de pisar camiños milenarios e saborear a gastronomía do mar, os participantes no “Camiño Gastronómico do Mar 2024” tamén puideron ir selando en cada concello a súa particular “Compostela”, optando a un premio final que se sorteará nos próximos días: unha comida ou cea para dúas persoas no restaurante O’Asador del Alba (Barreiros), socio da Asociación Cociñeiros Lugo.
Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.























A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



