O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, presentou este martes no Salón de Plenos da Casa Consistorial do municipio montañés a programación desta cita que se celebrará desde o 5 ata o 7 de decembro
Lugo, 3 de decembro de 2024. O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, xunto á Deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro Fernández, presentou este martes no Salón de Plenos da Casa do Concello da Fonsagrada a novena edición da Foliada da Fonsagrada que se celebrará desde o 5 ata o 7 de decembro no municipio montañés. No acto de presentación deste evento, co que colabora a Deputación, tamén participaron os membros da Asociación Cultural Petapouco e a Destempo -organizadores da cita- Marta Álvarez e Jorge López.
Carlos López convidou a todas as persoas a achegarase ata A Fonsagrada “dende este xoves para desfrutar dunha completa programación de actividades na que se inclúen obradoiros musicais e de baile tradicional, concertos e mesmo unha Feira de Artesanía”. O Deputado e Alcalde fonsagradino tamén fixo referencia ao éxito da Foliada pois “é un orgullo para nós ver que este evento, co que poñemos en valor a tradición e a cultura galega, atrae ano tras ano a numerosos veciños chegados de diferentes puntos da provincia e da comunidade asturiana”.
Programa
Xoves, 5 de decembro
– 11:00 horas: Ruta dos pintores.
– 17:00 horas: obradoiro de Iniciación á pandeira (impartido por Ismael Carcedo) e obradoiro de baile do centru d’asturies: jota, saltón e muiñeira (a cargo de Luis Ángel Fernández).
– 21:30 horas: Butelada.
Venres, 6 de decembro
– 12:00 horas: Cantos de taberna.
– 20:00 horas: obradoiro de baile.
– A partir das 21:00 horas: concertos de Maricarme, El Naán Trío, Ana Lua Caiano.
Sábado, 7 de decembro
– 11:00 horas: apertura da Feira de Artesanía.
– 12:00 horas: presentación do libro Alborada en Vilaquinte, de José Ramón González Pérez e actuación do Grupo Bouba.
– 12:30 horas: demostración de olería de Buño.
– 13:30 horas: actuación de Candorka Trío.
– 17:30 horas: concerto de Axeigo.
– A partir das 21:00 horas: concertos de Mediarea, Xosé Lois Romero e Aliboria, Fillas de Cassandra e Llevólu´l Sumiciu.




















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



