A Deputada Pilar García Porto presidiu a última reunión do ano do Consello Provincial de Turismo, na que detallou as principais iniciativas de promoción, entre as que destacan programas como o Coñece a túa provincia, as rutas polo románico, a presenza en feiras internacionais, así como patrocinios con gran impacto turístico como La Vuelta
Lugo, 12 de decembro de 2023. A Vicepresidenta do Consello Provincial de Turismo e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presidiu este venres no Salón de Plenos da Deputación a última reunión do ano deste órgano participativo e consultivo, no que detallou os principais logros e accións desenvoltas pola institución provincial no ámbito do turismo.
Durante a reunión, Pilar García explicou que a Deputación pechou o 2024 reforzando o seu compromiso cun modelo turístico deseñado para posicionar a provincia “como un destino de referencia, cunha oferta diversa e respectuosa co medio ambiente, que fomenta o desenvolvemento económico local e a valorización do patrimonio cultural e natural da provincia de Lugo”. Puxo de relevancia o incremento das accións estratéxicas de turismo desenvoltas pola institución provincial, logrando realizar un total de 60 actuacións, dez máis que no pasado ano.
“Este aumento supón un paso importante para consolidar a provincia como destino turístico de referencia, destacando pola súa oferta diversa, respectuosa co medio ambiente e cun forte compromiso co desenvolvemento económico local e a sostibilidade”, afirmou a Deputada.
Promoción turística e proxección internacional
Entre os programas destacados do 2024 figura Coñece a túa provincia, que permitiu a 82 asociacións realizar excursións gratuítas por 67 concellos, contribuíndo a achegar o patrimonio lucense aos lucenses participantes. Pola súa banda, as Rutas polo Románico facilitaron que 297 persoas desfrutasen de visitas guiadas a monumentos de gran valor histórico e cultural.
A proxección nacional e internacional tamén foi un eixo clave da estratexia turística da Deputación. A institución participou en feiras como FITUR, Biocultura e Xantar, destacando a riqueza gastronómica e patrimonial de Lugo. Ademais, a colaboración en grandes eventos como La Vuelta e o Campionato de España de Taekwondo foi decisiva para fortalecer a imaxe de Lugo como un destino turístico accesible, atractivo e de calidade.
Avances en ecoturismo e turismo intelixente
Neste ano a Deputación de Lugo deu un paso máis na implementación do turismo intelixente e nas experiencias de ecoturismo, logrando recoñecementos como a certificación Starlight para a zona de Os Ancares Lucenses. Este selo, que destaca a calidade do ceo nocturno e a súa protección, afianza a provincia como un destino ideal para os amantes do turismo de natureza e das experiencias sustentables.
A Deputación tamén patrocinou grandes eventos, como La Vuelta, e desenvolveu materiais promocionais, como o libro Lugo Románico, que reforzan a visibilidade e a imaxe da provincia como destino turístico de referencia.
Éxito das rutas fluviais
As rutas fluviais superaron todas as expectativas en 2024, con 61.487 viaxeiros, dos cales 46.954 optaron pola Ruta do Canón do Sil e 14.533 pola Ruta do Cabo do Mundo. Segundo as enquisas, o 76 % dos participantes visitaban a Ribeira Sacra por primeira vez, e o 44,83 % destacou a ruta en catamarán como a principal actividade da súa estadía. Entre os aspectos mellor valorados sobresae a amabilidade do persoal e a calidade da información.
Premios á excelencia turística e gastronómica
A Deputación de Lugo volveu destacar este ano o labor de entidades e eventos que contribúen á promoción turística e á sostibilidade na provincia a través dos premios á excelencia turística e gastronómica. Os galardoados na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense foron a Ruta dos Lobos da Fonsagrada e o Complexo Histórico e Recreativo das Minas Consuelo e Boulloso da Pontenova. Na categoría Gastronomía Lucense recibiron o recoñecemento a Feira do Capón de Vilalba e a Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite, do Concello de Ribas de Sil. Finalmente, na categoría Turismo Sostible, os galardoados foron o Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, do Concello de Burela, e outorgouse un accésit Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU).
Colaboración co tecido asociativo e os concellos
A Deputación destinou 380.000 euros para apoiar o tecido asociativo e os concellos, co fin de potenciar un turismo máis atractivo, sostible e desestacionalizado. Destacaron iniciativas con entidades como a Mancomunidade de Municipios da Mariña, o Consorcio da Ribeira Sacra, a Fundación Xesús Bal y Gay, a APEHL e a Asociación de Mulleres Rurais San Bartolomeu de Insua. Así mesmo, a través do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos, investíronse preto de 200.000 euros para impulsar recursos turísticos, feiras, festas e campañas de promoción nos municipios da provincia.



















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



