Foz, 21 de decembro de 2024. A Aula Universitaria da UNED de Foz comeza o ano 2024 con dúas actividades destacadas que combinan ciencia e cultura, dirixidas tanto ao público xeral como á comunidade educativa. A programación inclúe unha charla médica sobre neuropsiquiatría e un encontro informal para practicar inglés.
A coordinadora da Aula Universitaria da UNED de Foz, Marta Muíña, destaca a importancia destas actividades para achegar o coñecemento á cidadanía: “queremos ofrecer á nosa comunidade propostas que sexan útiles, enriquecedoras e accesibles. Con estas iniciativas, buscamos fomentar tanto o coñecemento científico como o intercambio cultural, sempre dentro dun ambiente participativo.”
A primeira cita terá lugar o día 14 de xaneiro e trátase dun Café Conversa en inglés, unha actividade dirixida a persoas cun nivel intermedio ou avanzado no idioma. Este encontro informal permitirá aos participantes mellorar a súa fluidez en inglés mentres conversan sobre temas de interese común. Sobre esta iniciativa Muiña engade: “o Café Conversa está pensado para aquelas persoas que queren practicar inglés dun xeito ameno e relaxado, rompendo coas dinámicas tradicionais das aulas. É unha actividade aberta, inclusiva e perfecta para mellorar as competencias lingüísticas.” Este encontro terá lugar na Aula Universitaria ás 18:30 horas.
A segunda proposta é para o 17 de xaneiro, cunha conferencia titulada Estimulación cerebral non invasiva en neuropsiquiatría. Presentación dun caso. Será impartida por dous destacados profesionais na materia: o doutor Alejandro Fuertes, psiquiatra, e Alicia Lage, psicóloga e directora da clínica Sinapsis. Durante a charla exporanse os fundamentos desta técnica, as súas aplicacións prácticas e a experiencia directa cos pacientes. Levarase a cabo no salón de actos do IES de Foz ás 17 horas.
A concelleira da Aula, Elena Martínez, anima á cidadanía a participar nesta actividade: “é unha oportunidade única para coñecer de primeira man os avances en neuropsiquiatría e como estas técnicas innovadoras poden mellorar a saúde mental. Desde o Concello seguimos apostando por achegar á veciñanza os coñecementos do ámbito da saúde, e pensamos que esta é unha oportunidades moi valiosa para coñecer unha técnica novidosa e sumamente interesante para o tratamento de distintas doenzas.”
Ambas actividades son gratuítas e celebraranse nas instalacións da Aula Universitaria da UNED de Foz. É importante inscribirse previamente. Para realizar a inscrición ou obter máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do correo foz@lugo.uned.es ou dos teléfonos 982.133.699 ou 604.034.549.
A Aula Universitaria da UNED de Foz reafirma, unha vez máis, o seu compromiso coa formación continua e coa promoción de espazos de encontro e aprendizaxe ao servizo da comunidade.






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



