Lugo, 6 de xaneiro. O deputado de Mocidade Daniel García recibiu este venres ao CP Altruán de Ribadeo na Deputación de Lugo. Palistas, directiva e familias participaron no encontro no que se recoñeceu o traballo da entidade especialmente nas categorías de base, que ofrece ás rapazas e rapaces de Ribadeo e da contorna unha alternativa de ocio saudable e a posibilidade de formarse e medrar deportivamente nesta disciplina.
Daniel García felicitou “ao club por unha traxectoria ascendente, con deportistas nos podios de campionatos galegos e estatais” e valorou “o esforzo que supón para o club e as familias soster a actividade competitiva nunha disciplina que ten condicionantes específicos polo custo do equipamento e os desprazamentos”.
Nese sentido, explicou que “desde a área de Mocidade tratamos de apoiar ese esforzo colectivo ao longo dos últimos anos” complementando a forte aposta polo piragüismo que se fai desde a institución provincial con recursos económicos, formativos e investimentos.
A área de Mocidade colaborou nos últimos anos co CP Altruán na adquisición de equipamento e unha furgoneta. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo financiou tamén a reforma integral do hangar de piragüismo de Ribadeo.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


