O deputado Daniel García comprometeu o apoio a este investimento, que facilitará os desprazamentos dos remeiros e remeiras ribadenses
Lugo, 21 de xaneiro dde 2025. A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo colaborará co Club de Remo de Ribadeo na adquisición dunha furgoneta para facilitar os desprazamentos dos e das deportistas e a loxística do club.
A compra dun vehículo foi unha das necesidades que a entidade ribadense trasladou nas últimas semanas a área provincial, despois da avaría que sufriron o pasado mes de decembro durante unha viaxe a Sevilla para disputar o Abierto de Andalucia.
O deputado Daniel García explicou que “somos conscientes da complexidade dos desprazamentos para o club, que ten a maioría das competicións fóra da provincia e incluso de Galicia, e tamén do esforzo económico que supón adquirir un vehículo destas características, de aí esta colaboración coa que seguimos reforzando o apoio ao remo en Ribadeo e a ese grupo de deportistas que están logrando resultados extraordinarios a nivel galego e estatal. A avaría que sufriron o pasado mes de decembro de camiño a Sevilla demostra a necesidade de contar cun vehículo con garantías, por razóns deportivas pero sobre todo de tranquilidade e seguridade”, concluíu.
O investimento nun novo vehículo súmase á colaboración suscrita en 2024 para a adquisición dunha nova embarcación, que ampliou o equipamento do club ribadense, que comeza o ano inmerso na preparación das próximas citas para as súas deportistas: o Campionato Galego de Remo de Longa Distancia que se disputa o 1 e 2 de febreiroe o Campionato de España de Longa Distancia que se disputará en Legutiano, en Euskadi, os días 8 e 9 de febreiro.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

