Antonio Ameijide explica que o que fixeron “por fin” socialistas e nacionalistas “foi poñer en valor” a aposta realizada no seu día polo expresidente Francisco Cacharro que foi “quen tivo a visión de apostar polas rutas en catamarán polo Sil para promocionar a Ribeira Sacra”: “PSOE e BNG nada fixeron por innovar as rutas, nin foron capaces de renovar as embarcacións”
Madrid, 24 de xaneiro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular apoian a promoción da imaxe da provincia pero lamentan “a falta de ideas” coas que o goberno provincial de PSOE e BNG concorreron a Fitur xa que “novidades non houbo ningunha e unicamente falaron de proxectos impulsados polo Partido Popular”. “Seguen a vivir da herdanza recibida e de rendas”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que vimos como José Tomé puxo polas nubes as rutas en catamarán “un proxecto que, todos recordamos, iniciou o expresidente Francisco Cacharro, que foi o que tivo a visión suficiente para poñer en marcha e impulsar estas rutas e a través delas poñer en valor a riqueza natural, cultural e paisaxística da Ribeira Sacra”.
Unha afirmación que acompañou da “ausencia total de mellora e modernización destas rutas porque nos case 20 anos que PSOE e BNG levan gobernando a Deputación de Lugo non foron capaces de renovar as embarcacións nin de realizar mellora algunha nas rutas”.
Ameijide sinala que, en lugar de avanzar en materia de turismo “o que fixeron os diferentes gobernos bipartitos de socialistas e nacionalistas foi estancarse e vivir das rendas e da herdanza recibida”.
“Aínda que chegue tarde, a realidade é que José Tomé, PSOE e BNG puxeron en valor o traballo realizado por Francisco Cacharro”, afirmou.
Ademais, Ameijide explica que outro dos proxectos que tentaron vender dende o goberno provincial foi a aposta pola Ribeira Sacra, pero recordou que “de non ser polo Partido Popular á fronte da Xunta de Galicia non se tería impulsado de forma decidida a Ribeira Sacra xa que é o goberno autonómico o que está a liderar a candidatura desta zona da provincia como Patrimonio da Humanidade, mentres que o PSOE e o BNG non son capaces nin de manter en bo estado a rede viaria provincial nos municipios desta zona da provincia, nin do resto”.
Ameijide resume a campaña de promoción da provincia realizada por PSOE e BNG en Fitur: “o que fixeron foi transmitir que nas dúas últimas décadas non fixeron nada pola difusión da imaxe da provincia”.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



