Inclúe eventos como concertos, obradoiros e a celebración do Día de Rosalía de Castro
Ortigueira, 28 de xaneiro de 2025. O Concello de Ortigueira presenta a programación cultural e educativa para o mes de febreiro, cunha variada oferta de actividades para todas as idades.
O sábado 1 de febreiro, ás 19:30 h, a Camerata Clásica de Ponferrada ofrecerá o concerto “Á luz dás candeas” no Teatro de Beneficencia, con entrada libre para o público para celebrar a festa da Candelaria. Como novidade, o concerto celebrarase á luz das velas, creando un ambiente máis íntimo. O martes 11 pola tarde, a Biblioteca Municipal acollerá a elaboración dunha exposición con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia, dirixida a maiores de seis anos, con entrada libre.
O martes 18, tamén pola tarde, levarase a cabo un taller de elaboración de disfraces na Biblioteca Municipal para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, con inscrición previa.
O domingo 23, Ortigueira celebrará o Día de Rosalía coa tradicional degustación do “Caldo de Gloria” en varios establecementos hostaleiros do municipio. As actividades en honra a Rosalía de Castro continuarán o luns 24 cunha xornada especial no colexio, a Biblioteca Municipal e a residencia de persoas maiores, onde se organizarán diversas actividades conmemorativas.
O martes 25, a Biblioteca Municipal repetirá o taller de elaboración de disfraces para nenos e nenas de 3 a 12 anos, requirindo inscrición previa.
Ademais, durante a primeira quincena do mes, do 1 ao 14 de febreiro, o Claustro Alto do Concello acollerá a exposición “Figuras con materiais reciclados” do artista Manuel Armada. No ámbito formativo, ofrecerase o curso “Finanzas e Banca Dixital para todos” na aula CEMIT, con horarios aínda por concretar.
O Concello de Ortigueira convida a toda a cidadanía a participar nestas actividades que promoven a cultura, a educación e o goce comunitario.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



