A exposición sobre o artista mindoniense, incluída na programación polo Día da Ilustración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, poderá verse ata o 29 de marzo na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos
Lugo, 29 de xaneiro de 2025. Esta tarde inaugurouse no Pazo de San Marcos a mostra “Universo Vizoso”, preto dun centenar de carteis e ilustracións de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950) seleccionadas polo comisario da exposición, Aser Álvarez, para amosar a evolución creativa de artistas mindoniense, alén da súa traxectoria en Sargadelos. Exhíbense acompañadas dunha trintena de fotografías do álbum persoal de Xosé Vizoso.
Na inauguración, a deputada de Cultura Iria Castro explicou que a mostra nos achega ao universo creativo de Xose Vizoso no ano en que se lle dedica o Día da Ilustración, unha conmemoración á que nos vimos sumando nos últimos anos desde a área de Cultura e que nesta edición nos dá o pé para celebrar un dos artistas gráficos máis destacados da Galiza recente”.
A exposición poderá visitarse ata o 29 de marzo na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos.
Texto de Aser Álvarez González, comisario da exposición.
Cando unha galiña pon un ovo faillo saber a toda a aldea, mentres que unha troita deixa milleiros de ovos no río sen que niguén se decate. Con este sinxelo exemplo describía Xosé Neira Vilas o traballo artístico de Xosé Vizoso (Mondoñedo, 1950), un dos máis grandes artistas lugueses. No bacharelato tivo de profesor ao escultor valenciano Juan Puchades, quen estimulou nel a vocación polas artes plásticas. Con 18 anos comezou a traballar en Sargadelos, no departamento de deseño, onde creou ducias de pezas e deseñou e ilustrou centos libros. Pero Vizoso é tamén autor de carteis e logotipos, así como escenógrafo, retratista, caricaturista, pintor e muralista.
Aplicada á alta produción cultural, ao cartelismo, ao deseño gráfico e industrial, á creación do obxecto único e belo e duradoiro para sempre, a arte de Vizoso é múltiple e, sen nos decatar nós ás veces, o seu xenio contrubuiu e contribúe de forma decisiva á formación da paisaxe visual do noso tempo. Non só produce obras senlleiras ou modelos de obra serializabel. Tamén, e ao mesmo tempo, dicta a sensibilidade e o estilo colectivo da época co seu xenio artístico.
Coñecémonos con motivo dunha reportaxe televisiva que fixen sobre unhas pezas que estaba a preparar para conmemorar o centenario do Quixote. Fixémonos amigos e logo comezamos a argallar proxectos xuntos, coma o mítico Mural do Furriolo, unha homenaxe ás vítimas da represión franquista, “un berro de liberdade e diginidade”, como dixo Isaac Díaz Pardo o día que o inauguramos nun acto memorable en Celanova (Ourense) en 2006. Esta exposición é, xa que logo, un relato moi persoal e fondamente marcado pola nosa relación de amizade. Velaquí unha pequena mostra da súa obra como ilustrador, deseñador, escultor, cartelista, muralista, pintor ou caricaturista, coa provincia de Lugo como fío condutor.
Este proxecto nace cando descubro o Universo Vizoso na súa casa. Dende ese día escoito falar as pezas, os bocetos e os cartaces das romerías e festas populares, así coma os seus retratos tabernarios, murais e ilustracións. Vizoso é moito máis que o seu traballo en Sargadelos. Por iso quixemos axudamos a crear a súa propia web, un documental e esta pequena exposición que é so un petisco dunha obra artística inmensa e imprescindible na arte contemporánea galega. Unha viaxe iniciática polo Universo Vizoso a través da provincia de Lugo. Un mundo ateigado de tesouros que habitan o máxico universo deste artista total.





















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



