Critica a Rueda que lle queira dar 250 M€ a Altri para contaminar o País, mentres lle dá as costas a produtores e produtoras
A Mariña, 6 de febreiro, 2025. A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou que o BNG levará ao Parlamento unha batería de iniciativas para reclamar axudas directas aos produtores e produtoras da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) da Faba de Lourenzá para paliar as perdas na última campaña, cifradas nun 80%, que poñen a bota parte do sector “nunha situación límite”.
Así o anunciou logo de recoller as demandas de produtores e produtoras desta IXP nunha reunión no concello valego, logo da que explicou que o Bloque tamén pedirá na Cámara unha modificación da PAC, concretamente no piar relativo ao apoio á produción sostible de proteína vexetal, para incrementar a súa dotación orzamentaria e que “cheguen máis fondos a estes produtores”.
Por último, a formación nacionalista tamén defenderá o desenvolvemento dunha investigación sobre o impacto do cambio climático co obxectivo de mitigar as pragas que del se derivan e conseguir deste xeito “manter unha actividade que é fundamental” non só para Lourenzá, senón para o conxunto da Mariña.
“Non podemos perder de vista que a produción de faba permite que se fixe poboación, que se coide o territorio e que é unha actividade económica importante”, afondou Pontón, quen reclamou ao Executivo de Alfonso Rueda que actúe e defenda o sector.
Neste sentido, advertiu ao Goberno do PP que “non serven de nada as promesas que non se verifican” e instouno a “pasar das palabras aos feitos” e facer unha aposta real por “amparar e protexer un sector que é clave na Mariña” e que produce “un produto de alta calidade” que, ademais, está recoñecido cunha indicación xeográfica protexida”.
“É impresentable que vexamos a un señor Rueda que ten 250 millóns de euros para darlle a unha fábrica portuguesa para que contamine o noso país, pero que lle estivo dando as costas a estes produtores e produtoras”, criticou en relación á obstinación dos populares coa instalación da macrocelulosa contaminante de Altri en Galiza.
Pontón confrontou o modelo dun Executivo do PP que defende proxectos contaminantes que prexudican ao País co do BNG, que mantén a súa firme aposta por un medio rural “vivo, produtivo e con futuro”. “E para apoiar ao medio rural, o que se necesita é confiar no potencial que temos, confiar na capacidade da xente, facer unha aposta por poñer en valor a enorme calidade que temos e apoiar este tipo de produtos e ás persoas que os fan posibles”, recalcou para concluír que o Bloque vai estar “cos produtores e produtoras traballando polo futuro deste País, tamén no medio rural”.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



