O portavoz adxunto do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, recalca que pediu ao ministro de Industria que aclare a postura do Executivo, “pero el ministro ha respondido que es la misma que la del PSOE de Galicia”
Madrid, 11 de febreiro de 2025. O portavoz adxunto do Grupo Popular, José Manuel Barreiro, lamenta que o Goberno central “no se haya comprometido con la financiación de Altri”, tras escoitar o devandito polo ministro de Industria, Jordi Hereu, hoxe no Pleno do Senado.
Barreiro pronúnciase así na súa pregunta ao ministro de Industria e Turismo sobre a posición do Goberno de Sánchez con respecto á instalación da planta en Palas de Rei.
“¿Cuál es la postura del Gobierno en este asunto?”, diríxese ao ministro, quen dixo que ‘coincide plenamente coa posición do PSOE en Galicia’. “Y la posición del líder del Partido Socialista en Galicia, manifestada el 16 de diciembre del año pasado, dice literalmente que ha trasladado su convicción de que el proyecto de Altri no contará con financiación del Gobierno del Estado, recalca Barreiro.
Igualmente, o dirixente popular lembra que, en agosto de 2024, a vicepresidenta Yolanda Díaz, dicía literalmente: ‘mi compromiso como vicepresidenta del Gobierno es luchar contra la ubicación y desarrollo de este proyecto’.
¿Va a tramitar la autorización a Bruselas para poder dar una financiación singular a este proyecto, sí o no?, volve preguntar Barreiro a Hereu, tras o que demanda ao ministro que “explique por qué se le piden más exigencias más a este proyecto que a otros?”.
“Se le pide más porque está en Galicia y en Galicia el Partido Socialista está donde está”, apostilla Barreiro, quen se amosa convencido de que “va a continuar ahí – en la oposición- mucho tiempo”.
Na súa intervención, o senador do PP por Lugo sinala que “el principio de seguridad jurídica constituye uno de los pilares fundamentales del Estado de derecho”, tras o que asegura que iso se traduce en que, á hora de analizar determinados proxectos, para dar esa seguridade xurídica, “deben de ser los criterios técnicos y también los técnicos como responsables de aplicar la norma los que determinen o no su viabilidad”.
“En el caso que nos ocupa, en el caso del proyecto de Altri y su ubicación en Palas de Rei, en la provincia de Lugo, no está ocurriendo por parte de determinadas fuerzas políticas, entre ellas la que ampara al Gobierno al que usted pertenece” diríxese Barreiro ao ministro.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



