Pilar García Porto anunciou a licitación tamén do contrato para a conservación da rede viaria provincial ao seu paso por 53 concellos, e avanzou que para o resto de municipios, os da Montaña, se fará a parte “porque a orografía fai necesarias unhas condicións diferentes”
Lugo, 14 de febreiro de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres dar luz verde a un novo investimento de máis de 5M€ para mellorar a mobilidade na nosa provincia. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, quen detallou que, por unha parte se licitaron os proxectos para rehabilitar o firme de dúas estradas provinciais na Mariña e na Montaña; e por outra, o contrato para a conservación da rede viaria provincial ao seu paso por 53 concellos.
Os proxectos aprobados para a mellora de dúas vías provinciais forman parte do Plan de Estradas. Na Mariña quedaron licitados os traballos de rehabilitación do firme dun treito de preto de 3 quilómetros da LU-P-5207, que une o núcleo urbano de Ribadeo con Vilela. Neste caso as obras afectarán ao tramo que vai do punto quilométrico 3,400 ó 6,277 e consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e renovación da sinalización.
O prezo de licitación é de 286.984,90€ e o prazo de execución será de 3 meses unha vez iniciados os traballos. Explicou García Porto que esta actuación virá a complementar a que xa acometeu a Deputación recentemente, por máis de 400.000€, ao inicio da vía, no tramo que corre paralelo ao campo de fútbol municipal ata a ponte de Feve.
Na Montaña, licitáronse as obras de mellora dun tramo da LU-P-3601, que é a estrada que conecta os concellos de Negueira de Muñiz e A Fonsagrada polo Acebo e que descorre no límite con Asturias. Neste caso as obras afectarán ao tramo que vai do punto quilométrico 2,384 ó 10,250 e consistirán na reapertura de cunetas, execución dun espazo de paso para os peóns dun metro 20 centímetros de ancho, pavimentación con aglomerado en quente e reposición da sinalización.
O prezo de licitación neste caso é de 301.812,83€ e o prazo de execución será de 3 meses unha vez iniciados os traballos. Tamén neste caso, estas actuacións dan continuidade a un proxecto anterior da Deputación que, con preto de 80.000€, executou no tramo anterior melloras na drenaxe, no firme e a instalación dun espazo para a circulación dos peóns.
Máis de 4,6M€ para a conservación de estradas
Licitado ademais, na Xunta de Goberno, o contrato de conservación da rede viaria provincial ao seu paso por 53 concellos. En concreto, a Deputación aprobou investir 4.694.886,65€ na licitación das tarefas de conservación das zonas correspondentes con 5 lotes dos 8 nos que se divide a rede provincial.
“Nas vindeiras Xuntas de Goberno licitaranse os traballos para o resto das vías, que son aquelas que pertencen ás zonas de Montaña, para completar os 4.217 quilómetros que conforman a rede de estradas coa que conta a Deputación”, avanzou García Porto, que explicou que “nesta ocasión propuxemos licitar a parte os lotes das zonas de Montaña porque a orografía destes concellos fai necesarias unhas condicións diferentes na prestación do servizo”.
A duración do contrato licitado este venres para a conservación da rede viaria será de dous anos, con posibilidade de prórroga por outro máis.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



