O delegado territorial, Javier Arias, visitou en Vilalba o centro Forma-T, que o ano pasado impartiu seis cursos nos que 83 persoas desempregadas melloraron a súa capacitación nos ámbitos da biomasa forestal e dos parques eólicos
Vilalba, 17 de febreiro de 2025. A Xunta ten aberto o prazo de presentación de solicitudes da nova convocatoria das axudas para financiar as unidades formativas en empresas, que conta cun orzamento de 8 millóns de euros. O obxectivo é impartir cursos que solicita o propio tecido produtivo, co compromiso de contratación de entre o 40 % e 60 % do alumnado participante.
Así o explicou hoxe en Vilalba o delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, durante unha visita ao centro Forma-T, que o ano pasado impartiu seis cursos no marco deste programa.
A través deles 83 persoas desempregadas melloraron a súa capacitación nas especialidades de reparación e manexo de equipos de recolección de biomasa forestal; reparación e mantemento de pas eólicas; e mantemento de parques eólicos.
Este programa impulsado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración busca levar ás empresas formacións flexibles e á demanda das súas necesidades reais e das súas perspectivas de crecemento. Ao mesmo tempo facilítase a cobertura de vacantes e ofrécense oportunidades laborais ás persoas sen traballo.
Beneficiarios e detalles da convocatoria
Poden optar a estas axudas as empresas —soas ou agrupadas temporalmente—; entidades e titulares de centros inscritos para impartir formación profesional para o emprego na comunidade e, como novidade, entidades sen ánimo de lucro, como as asociacións empresariais.
Ao respecto dos cursos, serán presenciais e poderán realizarse nas propias empresas ou en entidades de formación homologadas. O compromiso de contratación será polo menos do 60% do alumnado se o contrato dura como mínimo seis meses; ou do 40 % se é por un período igual ou superior aos 12 meses.
O prazo de presentación de solicitudes prolongarase ata o 30 de setembro de 2025 e a data límite para a realización das accións formativas é o 28 de novembro.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



