Foz, 7 de marzo de 2025. O Concello de Foz aprobou no pleno ordinario deste xoves, 6 de marzo, co voto a favor do PSdeG-PSOE e a abstención do PP e BNG, a licitación do contrato de concesión do servizo de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do concello de Foz.
O alcalde, Fran Cajoto, destaca: “levamos traballando moito tempo neste expediente e teño que agradecer o traballo intenso e inxente de todos os técnicos. En xaneiro do 2024 aprobamos en pleno o estudio de viabilidade e as novas tarifas, co voto favorable de PSOE e BNG, e en abril aprobouse a estrutura de custes e unha rectificación do estudio de viabilidade. A este pleno trouxemos a ordenanza de verteduras e do servizo municipal de saneamento, o regulamento do servizo de subministro de auga e saneamento e os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas do novo contrato. Fixemos reunións técnicas cos redactores dos documentos e con todos os grupos municipais para que todos tiveramos un coñecemento máis profundo da materia, así como unha reunión adicional a petición do Partido Popular, na que nos requiriron o arranxo do campo de herba artificial de Malates, co que estamos moi de acordo, ou a inversión noutra obra aínda por definir. Os populares e o BNG coa abstención apoiaron tacitamente a licitación e estamos moi satisfeitos con esta actitude, xa que redunda no interese xeral do pobo”.
O contrato de concesión do servizo de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración de augas residuais do Concello de Foz é, en palabras do alcalde, “o máis importante, por volume e necesidade, que imos levar a cabo nesta lexislatura e que se tramitou nunca no Concello de Foz. Serán algo máis de 29 millóns de euros e 15 anos de xestión sen posibilidade de prórroga. As novidades máis destacables serán o mantemento preventivo que imos poder facer na rede de saneamento – ata o de agora dependía do persoal de obras municipal- , a xestión completa do sistema de depuración -incluíndo bombeos e as fosas de Santa Cilla, San Martiño e Santo Acisclo, que ata o de agora non estaban incluídas- e as inversións que se van a facer no inicio e durante o novo contrato”.
As empresas que se presenten ao concurso poderán ofertar para obter máis puntuación a realización dunha inversión de 500.000 euros para a renovación da condución xeral de abastecemento entre os depósitos de Fazouro e Pico do Castro. Ademais están obrigadas a aportar un canon inicial de 1,1 millóns de euros para o ciclo integral da auga e a mellorar as plantas potabilizadoras de Cordido e Fazouro. “A adxudicataria estará obrigada a mellorar a captación e o sistema de filtrado en Cordido, con 100.000 euros, e a executar unha renovación integral da potabilizadora de Fazouro, cunha inversión de 1,1 millóns de euros. O obxectivo é substituír completamente o sistema de decantación, mellorar reactivos e dispoñer un pre-tratamento con ozono para evitar que se volvan repetir os problemas do verán do ano 2023 coa formación de trihalometanos por encima dos niveis permitidos por exceso de materia orgánica. Imos dispoñer ademais dunha partida anual de 58.000 euros, que poderá verse incrementada coas ofertas para investir na mellora da rede, que presenta roturas e problemas en zonas do casco urbano e das parroquias. O investimento que se contempla no contrato é por tanto de algo máis de 3,67 millóns de euros, en actuacións moitas delas xa definidas e moi necesarias para un bo funcionamento de toda a rede. Queremos dispoñer de auga da máxima calidade nas nosas billas e coidar a nosa ría e o noso mar, devolvendo un caudal completamente depurado ao medio. Isto debe continuar a ser un traballo do conxunto da corporación municipal”, remata Fran Cajoto.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



