Rosana Pérez acusa o Goberno de Rueda de botar balóns fóra, criticar os concellos e acusar os medios de comunicación de alarmistas en lugar de facer algo
Santiago de Compostela,18 de marzo de 2025. A portavoz de Mar do BNG, Rosana Pérez, reclamou na comisión de Pesca deste martes a presentación por parte do Goberno galego de informes, de existiren, sobre a detección, incidencia, risco de expansión e consecuencias sobre a biodiversidade do medio mariño nas costas galegas especies invasoras como a alga asiática, o xacinto de auga ou o verme postenterogonia orbiculari —coñecido comunmente como planaria— e o pyura herdmani, que lle afectan aos bivalvos.
Fernández incidiu que estas especies constitúen unha ameaza máis para un sector ao que a Xunta condena coa súa intención de implantar Altri no corazón de Galiza. “Diante desta situación que ninguén entendería nun país que tivese un Goberno que traballase para o propio País e a súa xente, e non para a instalación de macrocelulosas como a de Altri e explotacións mineiras como a de Touro ou a de San Finx, temos agora un problema que cada vez medra máis e que tampouco é novo”, lamentou.
Asegurou descoñecer se a Xunta está a intensificar os controis e a realizar un seguimento desas especies, tal e como vén de esixir tamén o secretario do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galiza, quen lle reclamou responsabilidade á Xunta de Galiza e manter a vixilancia. “Parécenos ben que a Consellería lle pida calma ao sector, pero alén diso, que están a facer?” preguntou a deputada, acusando o PP de levar máis de 16 anos sen facer nada pola perda de produtividade das rías galegas, “o noso petróleo”, poñendo “trabas e obstáculos” para a súa recuperación.
Afirmou, que “se o Goberno galego defendese e que valorase o que significa o sector para Galiza non estaría botando balóns fóra, tachando aos grupos políticos e aos medios de comunicación de alarmistas ou criticando os concellos e esixíndolles que se encarguen eles de xestionar o problema. Hoxe o PP deu novamente as costas ao sector botando en contra da iniciativa do BNG.
Unha iniciativa que pedía ademais que se activen as medidas de alerta necesarias que eviten o establecemento, a mobilidade e a dispersión desas especies para así minimizar os posíbeis riscos, sendo conscientes de que en Galiza existen máis de 3.000 bateas de mexillón . “Calma si pero sen pausa”, pediu Pérez, instando a “poñer todos os medios para tratar de que o mal non vaia a maiores”, e lembrando que, tal e como sostén a comunidade científica, a previsión e detección temperá son cruciais para evitar problemas máis serios.
Propuxo ademais que o establecemento de directrices claras a respecto da xestión, do control e da posíbel erradicación destas especies invasoras, e non ”confusión e demoras nas actuacións”, aclarou, subliñando que a Xunta non debe escatimar medidas de ningún tipo, tampouco en materia orzamentaria, porque o dano pode ser importante e porque xa o está a ser nalgúns casos como o do xacinto de auga”. “Débense dedicar todos os esforzos a investigar, detectar, vixiar e mitigar a expansión”, recalcou.
As especies que ameazan a un sector xa agonizante
As propostas do BNG xorden da base dos riscos que representan estas especies invasoras nas costas galegas, e tamén da situación de partida na que está o sector, dunha perda de produtividade histórica —incluído o mexillón—, e dunha perda de facturación e de postos de traballo moi alta. “A Consellería non pode tomar este tipo de perigos con calma, senón todo o contrario.”, apremiou.
A deputada nacionalista incidiu na importancia destas medidas despois de que a principios do pasado mes de decembro se soubo da presencia na costa asturiana, e por primeira vez en Europa, dunha especie orixinaria do océano Pacífico, a postenterogonia orbicularis, un verme invasor que se alimenta de bivalvos e que pon en risco os ecosistemas mariños e que en febreiro deste ano xa se atopou na ría de Ribadeo. Pérez recriminou que estes días a Xunta do PP volvese relativizar o risco e acusase os medios de comunicación de “alarmistas”.
Así mesmo, a primeiros deste mesmo ano, coñeceuse a presenza na boca da ría de Arousa de exemplares de pyura herdmani, que tamén afecta ao mexillón, aínda que ao non está a supoñer un problema polo de agora, aclarou.
Por outro lado, xa hai meses que se sabe da existencia da chamada alga asiática en augas galegas, primeiro nas rías da Coruña e Vigo e máis tarde na de Arousa, outra agresiva especie xa incluída no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras dende o ano 2020 e que xa vén causando dende hai anos danos no sur da península.
Por último, segundo sinalou Pérez, tamén nesta zona veñen loitando dende hai anos contra o xacinto de auga, unha das plantas invasoras máis perigosas que se coñecen e que xa invade determinadas zonas de Galiza dende o 2010, nomeadamente a lagoa de Rouxique, en Sanxenxo, integrada no complexo intermareal Umia-O Grove eu que tamén foi localizada posteriormente na Lanzada, Vigo, Culleredo ou a costa do Barbanza.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



