O que está facendo o alcalde de Foz, o señor Cajoto, co ciclo da auga é un auténtico escándalo. Non é xestión, é un simpa de libro: el convida, pero os veciños pagan. O PSOE e o BNG subiron as tarifas da auga sen dar opción a debate, e agora Cajoto ten a cara dura de presumir das obras que se van facer… co diñeiro que xa lles sacou do peto aos focenses.
A situación é sinxela: o alcalde “invita” a novas infraestruturas, pero quen paga son os cidadáns, que levan meses sufrindo un incremento da súas facturas sen ter claro a cambio de que. O máis grave é que este aumento de tarifas estivo completamente desligado do novo contrato da auga, o que impide agora que as empresas que opten á concesión poidan ofrecer rebaixas no prezo, tal e como propoñía o PP.
Desde o Partido Popular advertimos xa na última reunión sobre a necesidades de garantir unha posible rebaixa das tarifas no proceso de licitación. Con todo, Cajoto optou por priorizar as obras sobre a economía dos veciños, polo que decidimos non apoiar a súa postura. Este modelo de xestión é, ademais de antipopular, profundamente antidemocrático, pois os principais afectados -os usuarios- foron excluídos de calquera decisión ao respecto.
O contraste coa nosa xestión en 2018 é evidente. Daquela, o PP deseñou un contrato no que as tarifas entraban dentro da licitación, permitindo que as empresas ofertasen prezos máis competitivos. Agora, coa esquerda á fronte, só priman as obras, sen importar quen as paga.
A pregunta é inevitable: ¿por que Cajoto non seguiu o exemplo doutros concellos que buscaron financiamento en fondos Next Generation para mellorar o ciclo da auga sen cargar o custo sobre os cidadáns? O PP logrou 12 millóns de euros para a nova depuradora mediante este tipo de fondos, mentres que o goberno local actual decidiu que era mellor aplicar unha subida do 70% no prezo da auga.
Ademais, resulta sorprendente a incoherencia da esquerda focense. Cando estaban na oposición, PSOE e BNG defendían a municipalización do servizo e opúñanse a actualizacións progresivas das tarifas. Pero no momento en que tiveron o poder, non só mantiveron o modelo de concesión privada, senón que aplicaron unha das subas máis agresivas que se lembran.
Este contrato da auga é peor que o que nos propoñíamos porque Cajoto invita a obras que os veciños pagan, cando nós o que facíamos era buscar financiamento. Cajoto impón, cobra e logo sáelle gratis politicamente porque el non sofre as consecuencias. Pero os veciños si. No PP témolo claro: imos vixiar cada paso, denunciar cada abuso e loitar porque se reverta esta subida inxusta.
Se Cajoto quere obras, que busque cartos onde hai que buscalos. Pero que non lle meta a man no peto aos veciños de Foz mentres el fai política a costa do seu esforzo. Non llo imos permitir.
Javier Castiñeira. Portavoz do PP no Concello de Foz



















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



