Nota de prensa
A Deputación aforrará un 20% en gasto corrente coa nova contratación da telefonía
– Esta adxudicación dá continuidade ó anuncio do Presidente no Parlamento de que no Orzamento de 2011 a partida referida a este tipo de gastos reducirase en 3 millóns de euros
– Gato Soengas destaca que esta actuación, que irá acompañada dunha drástica revisión de liñas de teléfono, se suma a outras que o actual equipo de goberno puxo en marcha para a racionalización do gasto corrente como a reducción do Parque Móbil
– O organismo provincial adxudicou provisionalmente 6 novas obras e aprobou a contratación doutra por valor de máis de máis de 3 millóns de euros nos Concellos de Begonte, Monforte, Palas de Rei, Rábade, Riotorto e Viveiro
– En relación ó investimento da Xunta en residencias da 3ª idade, o voceiro provincial socialista subliña que “nos alegramos de marcarlle a axenda inversora á Xunta de Galicia. O gobeno feijoniano anda para adiante grazas ós impulsos da Deputación de Lugo”
A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación provisional da contratación dos servizos de telefonía fixa, móbil e transmisión de datos para os servizos dependentes da Deputación a Telefónica por un importe máximo de 405.494 euros. Con esta actuación, o organismo provincial aforrará inicialmente un 20% en gasto corrente con respecto ó convenio anterior que data do ano 2.000. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “esta nova reestruturación débese a que estamos nun momento económico no que todos estamos a sufrir os recortes e nos que é necesario priorizar; un exemplo é racionalizando o gasto corrente”. Tal e así que no Presuposto de 2011 este neste capítulo reducirase en 3 millóns de euros, de 17 a 14.
Esta nova medida súmase a outras que o actual equipo de goberno puxo en marcha dentro da racionalización do gasto corrente. É o caso da redistribución do parque Móbil, coa que reduciu nun 65% a contratación externa, pasando dos 56 vehículos alugados ós 19, e aforrando máis de 1,1 millóns de euros en xeral, pero tamén en gasto corrente, xa que os custes de mantemento diminúen.
O voceiro provincial socialista indicou que esta nova adxudicación da telefonía irá compañada dunha drástica revisión de liñas de teléfono, xa que é necesario determinar de cales se pode prescindir, en función das necesidades de cada servicio, co obxectivo de seguir reducindo custes.
Máis de 3 millóns en obra pública
A Deputación adxudicou provisionalmente 6 novas obras e aprobou a contratación doutra, por valor de 3.064.755 euros. Pertencen ós Concellos de Begonte, Monforte, Palas de Rei, Rábade, Riotorto e Viveiro. Dentro do Plan Extrordinario de Obra Pública, inclúense as seguintes: mellora de 1,9 quilómetros da CP 2901 que vai da LU-232 polo Burgo e Vilamaior de Negral a Palas de Rei. O importe é de 271.989 euros e o prazo de execución de mes e medio; pavimentacion e dotación de servizos na rúa Músico Crisanto de Rábade, cun orzamento de 285.499 euros e catro meses de duración; primeira fase da mellora das infraestruturas de abastecemento a Begonte por valor de 325.363 euros. O prazo de execución é de 6 meses; e acondicionamento dos accesos ó polígono industrial a Monforte de Lemos. Neste caso, o presuposto é de 607.233 euros e as obras terán unha duración de 2 meses.
Asimesmo, deuse o visto e prace á resolución do contrato inicial e posterior aprobación dos pregos de contratación da obra de Riotorto, incluída dentro deste Plan creado para adiantarse á saída da crise e manter os postos de traballo existentes. Trátase da mellora de 5,8 quilómetros da estrada que vai de Marco de Álvare ás Rodrigas. Esta obra ten un investimento de 1.032.565 euros.
Asimesmo, tamén se adxudicaron provisionalmente dúas novas obras dentro do convenio impulsado por Gómez Besteiro, Concello e Goberno galego, dotado con 1.250.000 euros, co obxectivo de dotar de infraestruturas urbanas e mellorar os equipamentos existentes en Viveiro. Suman 542.106 euros e engádense ás outras cinco aprobadas en outubro. Trátase da urbanización e rexeneración do núcleo urbano de Celeiriño e a pavimentación e dotación de servizos nas beirarrúas de Xunqueira a Magazos.
Para Gato Soengas estas actuacións demostran o forte compromiso que ten esta Deputación cos Concellos da provincia. Precisamente o Presidente comentou durante a súa comparecencia no Parlamento que no Orzamento de 2011 non só se manterá a partida de cooperación cos municipios senón que se aumentará. Ademais, a Deputación realizará un estudo nos Concellos da provincia para obter unha radiografía económico-financieira dos mesmos de cara desenvolver medidas de cooperación que se axusten ás súas necesidades.
Neste senso, hoxe mesmo o Presidente enviou unha carta a todos os Alcaldes e Alcaldesas da provincia para explicarlles en qué consiste a iniciativa a análise, explicándolles que proximamente se lles enviará uns cuestionarios para ser cumplimentados polos servizos de Intervención ou Secretaría-Intervención, o que servirá para concretar as futuras liñas de colaboración a desenvolver nun futuro.
“A Deputación non elude a súa responsabilidade nin se ampara na falta de cartos como está a facer a Xunta de Galicia, que recortou nun 21% as transferencias directas ós municipios. Agora resulta que Feijóo promete abrir 750 prazas en toda Galicia no prazo de tres meses. Alegrámonos de que a Deputación lle vaia marcando a axenda inversora á Xunta de Galicia, logo de que anuciásemos que abriremos na provincia dez centros de día ou residencias da terceira idade noutros tantos Concellos. En definitiva, o gobeno feijoniano anda para adiante grazas ós impulsos da Deputación de Lugo”.
Outros acordos da Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno aprobou dúas novas actuacións do canon de Quiroga por valor de 237.471 euros. Trátase da mellora de accesos, abastecemento de auga e saneamento en varios núcleos do municipio, dentro da anualidade de 2010, e da construción dos centro sociocultural de Nocedo, dentro do Plan de Obras 2008-2009. Deste xeito, a Deputación cumpre o compromiso asumido con este municipio, no que o investimento total ascende a 508.826 euros.
Tamén se deu o visto e prace á contratación do servizo de asistencia técnica para a coordinación e posta en marcha do Centro de Innovación Social por un importe de 67.000 euros. Dende o mércores desta semana os 27 traballadores que pasaron o proceso selectivo comezaron a recibir formación.
Trátase do primeiro centro de Innovación Social de Galicia dedicado ó benestar social, a travé do que, baixo o nome de “In Lugo”, que se probarán, con cidadáns da rúa, produtos e servizos para o benestar social antes de que saian ó mercardo. Este “laboratorio cidadán” é un nicho de emprego dos máis importantes da provincia que ademais aforra cartos ás empresas e emprendedores.
Tamén se deu o visto e prace a 8 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2009. Suman un total de 98.950 euros, dos que a Deputación achega 61.257. Pertencen ós Concellos de Cospeito (2), Ribadeo (2), Guntín, Láncara, Sarria e Vilalba.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



