Os deputados provinciais Antonio Ameijide e José María Fernández comprobaron xunto ao voceiro do PP municipal, José Manuel Gómez Puente, compañeiros de partido e veciños da zona o empeoramento do estado desta estrada provincial na que non se actuou a pesar das advertencias dos populares fai preto dun ano
Lugo, 2 de abril de 2025. “O ano pasado xa advertíamos do nefasto estado de mantemento da LU-P-0602 por parte do goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo e, tras preto dun ano sen adoptar ningún tipo de medida, a situación é alarmante nesta vía provincial de Barreiros”, segundo explica Antonio Ameijide, o voceiro do Grupo Provincial Popular.
Ameijide comprobou xunto ao deputado provincial José María Fernández e o portavoz do PP local, José Manuel Gómez Puente, compañeiros de partido e veciños da zona o empeoramento do estado desta estrada titularidade da Deputación que dá acceso a explotacións gandeiras e tamén ás praias. “O ano pasado o seu estado xa era nefasto, pero neste tempo o seu uso continuado, as choivas e a acción, precisamente, desa auga que ten que discorrer pola vía ante a falta de limpeza das cunetas, incrementou o seu deterioro”.
Os populares comparten o malestar dos veciños polo deplorable estado da vía que presenta “grandes baches de máis de 20 cm de profundidade que provocan danos nalgúns vehículos. É perigoso”, subliñan.
Así mesmo, condenan “o desinterese” da alcaldesa de Barreiros, Ana Hermida, e do deputado, Daniel García, que é concelleiro no municipio e responsable da área de Medio Rural na Deputación de Lugo e que “teñen todo na súa man para dar unha solución e levan máis dun ano abandonando aos veciños nesta situación”. No primeiro caso por “non dar traslado desta situación ao goberno provincial bipartito” e no segundo pola “nula capacidade para poñer solución a un asunto de competencia provincial que afecta directamente ao seu propio concello”.
Os populares advirten do “nulo apoio” ao sector primario por parte dos gobernos municipal e provincial polo “caso omiso” durante tantos meses a un problema nunha vía de acceso a explotacións gandeiras.
“O mal estado das vías provinciais que son moi empregadas por dar acceso ás praias tamén afecta ao sector turístico porque, ademais de ofrecer mala imaxe, supón un risco para a seguridade dos usuarios que se contan por centos no verán”, segundo apuntou Ameijide.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



