Rodil advirte que suporía a desaparición dun auténtico emblema de País e insta á Xunta a velar pola protección do patrimonio das galegas e galegos
Santiago de Compostela, 2 de marzo, 2025. A viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, vén de reclamar ao Goberno de Rueda que actúe de inmediato para impedir o peche de Sargadelos, un “auténtico emblema deste País” que está en perigo tras o anuncio feito este mércores polo administrador único da empresa de pechar, cando menos, o centro de produción en Cervo, segundo a información que transcendeu até o momento.
Nada máis coñecer a nova, Rodil amosou a “profunda preocupación” do BNG pola decisión anunciada, posto que o peche suporía a desaparición dun “auténtico emblema de País” e, ademais, a destrución de centos de postos de traballo. “Sargadelos garda, ademais das fábricas de Cervo e Sada, unha parte esencial do patrimonio material e inmaterial de Galiza, desde os seus edificios declarados Bens de Interese Cultural até o legado patrimonial e artísitico que nos deixaron Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane cando impulsaron este marabilloso proxecto que é un auténtico símbolo nacional de Galiza”, afirmou.
É por iso que a deputada de Lugo advertiu que “o Goberno da Xunta non pode ser alleo ao que está a acontecer en Sargadelos”, emprazándoo a “actuar de maneira inmediata” para impedir o peche e garantir os postos de traballo tanto en Cervo como en Sada. “E, por suposto, velar pola protección do patrimonio das galegas e os galegos”, engadiu Rodil, que avanzou que o BNG vai rexistrar iniciativas no Parlamento co obxectivo de garantir o futuro de Sargadelos.
O BNG de Cervo anuncia iniciativas para garantir a continuidade do proxecto
O BNG de Cervo quere expresar a súa máis absoluta condena ante o anuncio do peche da fábrica de Sargadelos, feito polo seu administrador, Segismundo García. Esta decisión representa un golpe demoledor para Cervo, para a Mariña e para toda Galiza, pois supón poñer en risco un emblema do noso patrimonio cultural, social e laboral.
Sargadelos non é só unha empresa; é un símbolo da identidade galega, cunha historia de décadas de loita e innovación, e coa capacidade de xerar emprego e dinamizar a economía local. Desde o BNG consideramos que esta acción é irresponsábel e inxustificábel, e responde a unha mala xestión empresarial que busca desmantelar a fábrica en beneficio de intereses alleos ao benestar dos traballadores e da comarca.
O portavoz do BNG en Cervo, Diego Fernández, quere deixar claro que o BNG estará do lado dos traballadores e loitará por evitar este peche
“O BNG quere expresar o seu apoio total e absoluto aos traballadores de Sargadelos. Non podemos permitir que se peche unha fábrica que representa o noso pasado, presente e futuro. Levarémos ao pleno do Concello iniciativas para protexer a continuidade de Sargadelos e reclamaremos accións concretas por parte da Xunta para garantir a viabilidade do proxecto”. Afirmou Diego Fernández, que manifestou tamén que “Desde o BNG denunciamos a pasividade do Partido Popular, que permite que empresarios como Segismundo García actúen con total impunidade, destruíndo empregos e tecido industrial sen ningunha resposta por parte das administracións. O PP demostra, unha vez máis, que a súa prioridade non é defender os intereses da veciñanza, senón permitir a especulación e o abandono do noso patrimonio industrial”
Desde o BNG comprométen se a impulsar todas as accións necesarias para evitar este atropelo e chama á mobilización social en defensa de Sargadelos, da súa historia e do seu futuro.





















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



