A nova do día? Polo que representa aquí, case máis podería dicirse ‘a nova da época’…
Non nos enganemos. O norte vai cambiando. Ou el, ou a definición, ou ambos. Iso si, pouco a pouco. Moi pouco a pouco, de xeito que moi posiblemente non nos decatamos. Pero cambia.
O mesmo que co norte, parece que non nos decatemos de que as ideas sobre a posesión (de obxectos ou ideas, pero coido que tamén se podería engadir, persoas) ou sobre as regras comerciais tamén van cambiando. En particular, como con calquera idea, porque hai xente que pretende impoñer o seu propio patrón, as súas ideas. Normalmente, eses cambios van paseniño. Ata que alguén se sente forte abondo como para facer unha imposición e obrar sen máis consideración que a súa, que si mesmo. Entón, prodúcese dun ou outro xeito unha revolución, aínda que sexa para aplicar aquelo de ‘cambiar todo para que nada cambie’ de Giuseppe Tomasi di Lampedusa.
Non sei en que rematará o peche brusco de Sargadelos. Teño a miña teoría, pero recoñezo que é tan válida como a de calquera outro que mire dende fóra. Non me causou sorpresa que, segundo o xornal, o persoal da fábrica fose remiso a significarse e mesmo estivera a piques de mandar de volta a xente dos sindicatos, aducindo máis ou menos a que eran de fóra da fábrica mentres deixaban traslocer o medo a represalias; mesmo despois de ter sido anunciado o seu despìdo e de non deixalos entrar a traballar. E é que o movemento sindical foi literalmente afogado hai uns anos en confrontación co empresario.
Se pasamos ó empresario, Segismundo García, coido que se pode cualificar -como empresario, ideas ou persoa aparte- de exitoso despois de ter sumado empresas, facerse co control de Sargadelos tras acantoar a Isaac Díaz Pardo, marchar da empresa nun dos seus golpes de forza, volver, reflotala e facela navegar a toda vela. Ata onte. Polo medio, o dito da desaparición sindical na fábrica. E, dende onte, entendo que máis aló do peche de hoxe, doado de revertir ao menos sobre o papel, un pulso ás institucións e lexislación existente. Un pulso que, a resultas do pouco que teño escoitado do Presidente da Xunta, ten medio gañado: se non entendín mal, mentres apoiaba a inspección desencadeante da resignación empresarial, estaba disposto a facilitar as cousas ó empresario. Na ecuación, a máis, hai que meter a petición dunha forza de traballo con medo e sen unión nun marco legal, a loita entre diferentes administracións ou partidos, a influencia e soporte legal cara o futuro de subvencións xa recibidas ou que puidera recibir, o valor simbólico e patrimonial de Sargadelos, ou a posibilidade de intervención pública para expropiación, entre outros factores.
O norte? Segue a estar máis ou menos no mesmo lugar, pero para orientarse e atopalo hai que saber algo máis…
– Nota posterior: remato e xa me atopo cunha nova que contradí o peche patronal. Como digo no texto, isto móvese e non rematou…


















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



