O goberno local de Barreiros aprobou, co voto en contra do PP, a suba das taxas do lixo, da auga ou dos sumidoiros no pleno municipal celebrado o xoves
Barreiros, 7 de abril de 2025. Os concelleiros do PP de Barreiros votaron en contra da subas propostas polo goberno local para as taxas que regulan a auga, os sumidoiros e o lixo: “non imos ser cómplices dunha nova carga impositiva para os novos veciños que, nalgún caso, é do 100% como ocorre co imposto da recollida do lixo”.
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, afirma que “para nada estamos de acordo con esta política de BNG e PSOE de cargar con máis impostos aos veciños cando teñen oportunidade, o que hai que facer é xestionar mellor os recursos dispoñibles para evitar ter que sobrecargar as economías das nosas familias”.
As subas aprobadas polo goberno local son:
-Lixo: no caso dos domicilios, o recibo pasa dos 9€ actuais aos 18€ (suba do 100%).
-Auga: no caso do uso doméstico, ata agora había unha cota fixa de 14€ cada dous meses ata un consumo máximo de 22m3. Agora, a cota fixa pasa aos 15€ bimensuais ata un máximo de 12m3. No seguinte treito, de 13 a 22m3 establécese unha cota de 0,29€/m3.
No caso da hostalería, ademais de pagar a tarifa fixa de 30€ cada dous meses, pagarán unha taxa de 0,57€/m3.
-Sumidoiros: ata agora pagábase unha taxa fixa de 5€ cada dous meses, ata un consumo máximo de 22m3, e a partir de aí 0,10€m3. Agora pásase a unha cota fixa de 6€ bimensuais e un primeiro tramo de consumo, ata 22m3, de 0,017€/m3, un segundo tramo, dende os 23 aos 60m3, de 0,10€/m3, e un terceiro tramo, a partir dos 60m3, de 0,13€/m3.
José Manuel Gómez Puente lamenta que “estas subas afectarán directamente ás economías domésticas e tamén a hostalería, un secotr fundamental da nosa economía”.
Neste senso, tamén explica que “os principais beneficiados serán aquelas familias que teñen a súa segunda residencia en Barreiros, xa que, no caso da auga, os consumos que realizarán serán tan pequenos que unicamente pagarán a cota fixa e non pagarán máis ao non superar o consumo mínimo”.
Ademais, nestas subas impositivas “os hostaleiros son os outros grandes prexudicados, a pesar de que son un sector fundamental da nosa economía xa que son un dos principais sectores xeradores de postos de emprego, sobre todo no verán”.
Neste senso, José Manuel Gómez Puente explica que “ao igual que se realizou noutros concellos limítrofes, podería estudarse aplicar unha bonificación do 20% para os propietarios de vivendas empadroados no Concello” para así diminuír o impacto da suba do recibo do lixo.
Ante esta situación, o voceiro popular recorda que esta suba dos prezos do lixo a nivel xeral vén derivada da decisión do Goberno de Pedro Sánchez de aplicar unha normativa que outros países de Europa, como é o caso de Alemania, decidiron non aplicar. “Non estamos en contra de una subida das taxas porque si é certo que os costes de transporte e tratamento do lixo súbeo, polo que debería o Concello de pedir axudas ao goberno central para que a taxa foxe moderada e gradual non de golpe”, afirmou.
“O que precisa Barreiros é incentivar a actividade económica de sectores importantes para o municipio, ademais de fomentar a xeración de emprego”, afirmou.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



