Están organizadas por Gozas Ortegal coa colaboración do Concello
Cariño, 11 de abril, 2025. O Concello de Cariño continúa ampliando a súa oferta de actividades para esta semana Santa, con dous roteiros guiados de sendeirismo dentro do programa ‘Cariño Camiña 2025’, unha iniciativa organizada polo propio Concello a través da empresa Gozas Ortegal.
A primeira delas será o ‘Taller para nenos e meniñas de iniciación ao rastrexo’, programada para o xoves 17 de abril. Trátase dun roteiro lineal de aproximadamente tres quilómetros cunha duración estimada é dunhas catro horas. A saída será a partir das 10:00 horas desde a Casa do Concello.
A segunda actividade será o Roteiro dá Fornela-Miranda-Herbeira, que se realizará o venres 18 de abril. Conta cun percorrido de 10 quilómetros cun desnivel acumulado de 620 metros. Ten unha duración aproximada dunhas catro horas, con inicio previsto ás 16:00 horas desde a Casa do Concello.
Ambos os roteiros son gratuítas e accesibles para persoas de practicamente calquera idade e condición física, aínda que a primeira está especialmente orientada aos máis pequenos da casa. Para participar será necesario reservar praza previamente, xa que hai cotas limitadas. As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 669 60 53 09.
É importante resaltar que contarán con guía titulado e seguro de accidentes e de responsabilidade civil, ademais de mencionar que haberá cobertura telefónica durante todo o percorrido. Para poder gozar destes roteiros, recoméndase aos participantes levar auga, algo de comida, roupa adecuada e protección solar.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



