A Xunta de Goberno deste venres aprobou tamén a adxudicación dos servizos do proxecto que servirá para modernizar o padrón municipal dos 67 concellos da provincia, o Xeopadrón, cun investimento de preto de 350.000€
Lugo, 11 de abril de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres aprobar a adxudicación, por importe de 900.000€, para mellorar oito estradas provinciais ao seu paso polos concellos de Baleira, O Vicedo, Vilalba, Xermade, Portomarín e Guntín.
En Baleira, a institución provincial adxudicou á empresa Grupo Bascuas 2008 SL, por 211.435,40€, as melloras de cinco estradas que artellan este concello da Montaña na totalidade do seu percorrido. En concreto:
• Na LU-P-0401, de Corveira a Restelo por Córneas.
• Na LU-P-0405, que une Fonteo coa Lastra.
• Na LU-P-0407, de Fontaneira a Vilar dos Adrios.
• Na LU-P-0408, desde conecta Córneas ata a Lastra.
• Na LU-P-0409, entre Córneas e Villardoi.
No conxunto destas estradas a Deputación acondicionará uns 50 quilómetros de vías acometendo en todas elas a reapertura das cunetas, reparación de desperfectos e repavimentación. O prazo de execución para todas estas actuacións é de 3 meses.
Adxudicadas tamén as obras da LU-P-6405 á empresa Carfelo SLU por 169.352,7€. Esta actuación no concello do Vicedo afecta ao primeiro quilómetro e medio da vía que dá acceso á praia de Xilloi, nun tramo moi transitado pola veciñanza do municipio.
Neste caso os traballos, que terán un prazo de execución de 2 meses desde o seu inicio consistirán na mellora da pavimentación con aglomerado en quente, obras de drenaxe e reposición da sinalización.
Entre Vilalba e Xermade a empresa Explotaciones Gallegas SL encargarase con 202.622€ da mellora en dous tramos da LU-P-6513, que é a estrada que une Vilalba con Momán.
Por un lado, os traballos afectarán desde o inicio da vía ó quilómetro 1,600 e consistirán na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente, sinalización vertical e pintado mediante marcas reflexivas brancas. Ademais, a Deputación acometerá a reposición de marcas viais no treito comprendido entre o quilómetro 1,600 e o 17,315. O prazo de execución destas obras será de 2 meses unha vez iniciadas.
Esta é unha das estradas máis empregadas a diario polos veciños da capital chairega e enlaza coa LU-P-2204, que comunica o núcleo xermadés de Momán coas Pontes de García Rodríguez, na provincia da Coruña. Unha vía provincial na que a institución xa destinou 1,5M€ para a súa renovación integral.
Por outra banda, a institución provincial adxudicou á empresa Francisco Gómez y Cía SL por 314.910€ a contratación das obras de mellora en dous tramos da LU-P-4902, entre Portomarín e Guntín, na vía que conecta o Alto do Valiño con Valdeporrás por Vilaxuste.
Os traballos afectarán ao primeiro quilómetro da estrada e ao treito comprendido entre o punto quilométrico 4,100 e 11,315 e consistirán na reapertura das cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal. O prazo de execución é de 2,5 meses unha vez iniciadas as obras.
Adxudicación dos servizos do Xeopadrón
Este venres a Xunta de Goberno tamén adxudicou os servizos do proxecto que servirá para modernizar o padrón municipal dos 67 concellos da provincia cun investimento de preto de 350.000€ á empresa Espublico, Servicios para la Administración SA. Un paso máis no proceso de transformación no que a Deputación de Lugo leva traballando anos en colaboración cos concellos a través de diversas iniciativas que melloran a xestión administrativas e a xestión dos servizos públicos.
Concretamente, o Xeopadrón permitirá contrastar os datos do padrón de cada municipio sobre os habitantes empadroados e as súas vivendas coas bases de datos do Instituto Nacional de Estatística (INE). Trátase dun avance importante cara o futuro do padrón online, unha iniciativa do INE que permitirá crear unha base de datos xeorreferenciada de vivendas e fogares.
Programa de dotación e mellora de servizos comunitarias
Na sesión de hoxe tamén quedou aprobado o último trámite administrativo para o pago de dúas subvencións, por un importe conxunto de case 12.000€, a entidades da provincia que resultaron beneficiarias do Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, que impulsa a Deputación de Lugo. Por unha parte da Comunidade de Usuarios de Chaovillarín, en Cervantes, que recibe 6.000€ para mellorar as captacións e reparar o abastecemento de auga. E a asociación veciñal de Santa Comba de Órrea, en Riotorto, recibe 5.700€ destinados á mellora do aparcadoiro do centro sociocultural.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



