Ribadeo, 21 de abril de 2025. Cerca de 3.000 persoas foron atendidas nas oficinas de turismo de Ribadeo durante a Semana Santa. A concelleira de Turismo, Marta Saiz, fai un balance moi positivo.
A edil ribadense dixo: “despois de rematada a Semana Santa podemos facer un balance moi positivo deste período vacacional. O total de viaxeiros atendidos nas nosas oficinas de turismo superou as 2.900 persoas. Obsérvase un lixeiro ascenso con respecto ao anterior, a pesares das adversas condicións climatolóxicas que provocaron o peche da praia das Catedrais o pasado sábado. Aínda así as reservas para ver o areal completáronse tanto o xoves como o venres”.
Saiz contou que “a oficina de turismo da vila abriu durante todos os días deste período vacacional en horario de mañá e de tarde contabilizando un total de máis de 800 persoas. O día de maior afluencia foi o venres santo, con 159 persoas atendidas. E o punto de información turística da praia das Catedrais, que tamén abriu todos os días da Semana Santa, rexistrou un total de 2.119 persoas. O día de maior afluencia foi o xoves,17 de abril, con 537 persoas”.
A concelleira de Turismo indicou que “no tocante á procedencia, a maior partes dos viaxeiros e viaxeiras que visitaron o noso concello foron nacionais, procedentes das comunidades de Madrid, País Vasco, Castilla-León e Galicia. No caso dos turistas internacionais, destacan os visitantes de Alemania, Argentina, Francia, Asia e Reino Unido. E a ocupación hoteleira durante este período roldou un 80 por cento, mais ou menos”.
Marta Saiz tamén aludiu á boa acollida que tiveron as visitas guiadas gratuítas ofrecidas polo Concello de Ribadeo: “durante a ponte festiva e co fin de potenciar a imaxe de Ribadeo como destino turístico de cultura e natureza, organizáronse novamente visitas guiadas gratuítas. Dividíronse en dous grupos: as visitas que percorreron a vila e as visitas xeolóxicas polo litoral, mais coñecidas como Xeorutas”.
ACISA
Acisa fai tamén un balance positivo da Semana Santa, que rexistrou unha boa ocupación hoteleira e moita actividade comercial, a pesares da meteoroloxía adversa destes días.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Carmen
Cruzado, declarou: “o balance que facemos desde Acisa desta Semana Santa é positivo. A ocupación hoteleira situouse de media de xoves a domingo entorno ao 75%, cifras que son boas tendo en conta o tempo que tivemos esta Semana Santa, aínda que son algo menores que as do ano pasado. Houbo poucas cancelacións e desapareceron practicamente as reservas de última hora. No comercio temos que dicir que en liñas xerais os comerciantes están contentos, dinnos que a xente viña con ganas de mercar e neste caso o tempo si que axudou algo mais, xa que os visitantes animáronse a facer un turismo de tendas e de bares para refuxiarse da choiva”.
Cruzado Iglesias subliñou que “durante todos estes días puidemos ver as rúas e os bares ateigados de xente, a praia das Catedrais esgotou os pases de visita ao areal xoves e venres santos. O aparcamento municipal, do centro de Ribadeo, dende o mércores estivo cheo en varios momentos, e a pesares do tempo desapacible, o
paseo entre Os Bloques e o Faro da Illa Pancha era un ir e vir de xente que aproveitaba a súa estadía aquí para disfrutar da paisaxe e para facer exercicio”.
A presidenta de Acisa contou que “agás o sábado, que choveu todo o día, o tempo non foi tan malo como apuntaban as previsións meteorolóxicas. Xoves e venres en Ribadeo a xente puido pasear, gozar das terrazas, visitar diferentes enclaves turísticos… Aínda hoxe é posible atoparse con moitos turistas, que aproveitan o festivo nas súas comunidades, algunhas delas do norte, para prolongar as súas vacacións entre nós. Ao igual que os peregrinos que son un goteo constante polo Camiño Norte”.
Carmen Cruzado dixo: “en resumo o balance é positivo, pero prudente. En liñas xerais os datos son positivos, pero hai excepcións, como é lóxico. Si todos os días ou maioría tivese lucido o sol estaríamos a falar dunha moi boa Semana Santa, pero a meteoroloxía é a que manda e nesta ocasión o tempo foi malo en Ribadeo, en Galicia e en moitos puntos da xeografía española, incluso ata nas illas”.
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, sinalou que “comer e cear sen reserva foi practicamente imposible. Hai que destacar que os nosos hostaleiros fixeron todo o que estivo nas súas mans para poder atender á grande afluencia de comensais que recibiron estes días. Non había mais que dar unha volta por
Ribadeo para atoparse con xente por calquera recuncho, gozando do patrimonio cultural ou paisaxístico ou mercando no comercio local. Os datos indícannos que Ribadeo é xa un referente turístico e comercial asentado no que nin a meteoroloxía o para”.
Pérez Prada engadiu: “en liñas facemos un balance positivo da Semana Santa de 2025. Agora xa estamos coa vista posta no verán, que si vai ao mesmo ritmo que estes días que acabamos de pasar será de récord en Ribadeo. En breve comeza xa a época estival, temos xa enriba unha ponte festiva, a do 1 de maio, o despois varias citas gastronómicas e deportivas importantes e xa nos poñemos no verán e no Ribadeo Indiano. De aquí en diante isto é un sen parar, e polo medio chegarán algunhas novidades de Acisa, así que toca poñer os motores a toda potencia, porque veñen meses de moita actividade”.























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



