A cantante madrileña actuará o 10 de maio na Casa da Cultura de Burela, co apoio do Concello como patrocinador principal
Burela, 25 de abril de 2025. O ciclo Maraxes da Osa continúa a desvelar a súa programación coa confirmación da segunda actuación desta edición. A cantante e compositora Mercedes Cañas subirá ao escenario o vindeiro sábado 10 de maio ás 21:00h na Casa da Cultura do Concello de Burela. As portas abrirán media hora antes, ás 20:30h.
As entradas xa están á venda a través da plataforma Wegow e na web oficial do ciclo. Os prezos varían segundo o tipo de público: 15 euros máis gastos de xestión en venda anticipada, 10 euros para persoas de 16 e 17 anos (introducindo o código MENOR16|17), entrada gratuíta para menores de 16 anos (coa reserva previa mediante o código MENOR-16) e 18 euros na billeteira o día do evento.
Mercedes Cañas, unha das voces máis prometedoras da nova escena musical estatal, comezou a súa carreira en 2019 co sinxelo Tirando a Lila. Dende entón, foi gañando proxección a través das redes sociais e plataformas dixitais, consolidándose como artista independente. En 2024 publicou o seu primeiro álbum, Que entren en mi cabeza, un traballo marcado por letras emotivas e unha conexión directa co público.
O concerto forma parte da aposta do ciclo Maraxes da Osa por dar visibilidade ao talento feminino dentro do panorama musical actual. A iniciativa conta co apoio do Concello de Burela, patrocinador principal do evento.
“Maraxes da Osa representa perfectamente o espírito que queremos promover dende o Concello: unha cultura viva, inclusiva e que poña en valor o talento feminino”, declarou Lina Gómez, concelleira de cultura. “É un orgullo apoiar iniciativas que naceron dende a base, dende o asociacionismo local, neste caso dende Fanto Fantini, e que contribúen a dinamizar Burela”, concluiu a concelleira.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



