Lugo, 26 de abril de 2025. O Grupo Provincial Socialista defenderá no vindeiro pleno da Deputación de Lugo o martes 29 de abril, dúas mocións encamiñadas a reclamar á Xunta de Galicia unha resposta firme ante a crise xerada pola política arancelaria de Estados Unidos e a esixir á multinacional Alcoa que cumpra os acordos establecidos cos traballadores da factoría de San Cibrao.
Na primeira das iniciativas, os socialistas demandan á Xunta “un plan específico e eficaz” para facer fronte aos efectos negativos derivados das novas tarifas arancelarias impostas polo Goberno norteamericano, especialmente sobre sectores fundamentais da economía lucense como o vinícola, o agrogandeiro e a industria. “Fronte á pasividade da Xunta, dende o Goberno de Pedro Sánchez mobilizáronse xa 14.000 millóns de euros en axudas e estase traballando activamente na apertura de novos mercados internacionais”, lembra Pilar García Porto.
Os socialistas consideran “vergonzoso e insuficiente” que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, só ofrecese “unha resposta improvisada e propagandística, limitándose a anunciar fondos xa existentes, sen achegar novas solucións nin recursos extraordinarios”. Por iso, o PSdeG reclama un plan específico que inclúa novos fondos, axudas directas non reembolsables ás empresas máis afectadas e medidas concretas para abrir novos mercados. Tamén piden ao Goberno galego que “abandone a soberbia e acepte a colaboración dos partidos da oposición para a elaboración deste plan”.
Respecto á situación da factoría de Alcoa en San Cibrao, os socialistas pedirán o apoio do Pleno para instar á multinacional estadounidense a cumprir “de inmediato” o acordo de viabilidade asinado cos traballadores, no que se comprometía á construción dun novo forno de cocción de ánodos, un proxecto actualmente paralizado. “Alcoa está a poñer en risco o futuro da planta e centos de empregos directos e indirectos, nun claro incumprimento dos seus compromisos, mentres recupera beneficios económicos importantes”, denuncian os socialistas.
O Grupo Provincial do PSdeG esixe, ademais, ás administracións públicas que faciliten mediante créditos ICO ou IGAPE o financiamento necesario para acometer estas obras e advirten de que “se Alcoa persiste en incumprir os acordos, a SEPI e o IGAPE deben tomar o control da planta de San Cibrao para garantir a continuidade da actividade industrial na Mariña lucense”.
“Fronte á pasividade da Xunta e as manobras especulativas dunha multinacional, o PSdeG seguirá defendendo os intereses económicos e sociais dos lucenses”, conclúen os socialistas.






















Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



