Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ ASISTE EN BARCELONA Á PRESENTACIÓN DO LIBRO LEOPOLDO CALVO-SOTELO, UN RETRATO INTELECTUAL.
Ribadeo, 16 de novembro de 2010. O alcalde, Fernando Suárez, asistirá este mediodía en Barcelona á presentación do libro Leopoldo Calvo-Sotelo, un retrato intelectual que terá lugar ás 13 horas no Círculo de Economía.
No acto intervirán: Salvador Alemany, presidente do Círculo de Economía; Pedro Calvo-Sotelo, diplomático; Juan-José López Burniol, notario; Joan Mas Cantí, socio nº 1 do Círculo de Economía e Miquel Roca i Junyent, socio e presidente de Roca Junyent.
A familia Calvo-Sotelo convidou ao rexedor ribadense a acudir ao acto que hoxe se desenvolve en Barcelona. Fernando Suárez xa asistiu a outras homenaxes realizadas ao que fora presidente do Goberno, coma á celebrada hai meses en Madrid. De todos é coñecida a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo con Ribadeo, era alcalde honorario, marqués da Ría de Ribadeo e recibiu a medalla de honra do Concello.
Desde o Círculo de Economía apuntan que “Leopoldo Calvo-Sotelo fue una de las personalidades más relevantes de nuestra transición política y consolidación democrática, asumiendo la Presidencia del Gobierno en unas circunstancias especialmente complejas y determinantes” e recoñecen que “Calvo-Sotelo se sintió, siempre, muy comprometido con el Círculo, del que fue socio desde inicios de la década de los 60”

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



