O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na Provincia de Lugo e Presidente da Deputación, José Tomé Roca participou este xoves na tradicional festa dos socialistas de Foz tras acudir á manifestación polo Primeiro de Maio en Lugo
Foz, 1 de maio de 2025. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves na tradicional Festa dos Traballadores e Traballadoras organizada polos socialistas de Foz no restaurante O Rincón de Mis, con motivo do Primeiro de Maio, tras asistir á manifestación polo Día Internacional do Traballo celebrada na capital lucense.
Na cita participaron tamén responsables orgánicos e cargos institucionais do partido, como a Secretaria de Organización do PSdeG-PSOE e Deputada Autonómica Lara Méndez, o Senador por Lugo César Mogo, a Deputada no Congreso dos Deputados por Lugo Patricia Otero, o Alcalde de Foz e Deputado de Recursos Sostibles Fran Cajoto e o Deputado Provincial e voceiro de Paradela Iván Castro.
O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, agradeceu a asistencia das compañeiras e compañeiros socialistas e aproveitou para felicitar a José Tomé pola súa recente reelección como Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo. “Temos unha fonda tradición municipalista e un profundo coñecemento do que significa traballar polos nosos concellos. Non hai ninguén mellor ca vós para defender os intereses das nosas veciñas e veciños”, afirmou. Fixo tamén un chamamento á unidade e ao traballo colectivo “para acadar mellores resultados nas próximas eleccións municipais”.
Pola súa banda, a Secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, subliñou a importancia de continuar avanzando en dereitos laborais e sociais da man de gobernos progresistas. “O 1 de maio é un día para celebrar e reivindicar. Cando o Partido Socialista goberna, celebramos avances reais como a mellora das pensións, o incremento do salario mínimo ou a implantación do ingreso mínimo vital”, afirmou.
Advertiu, con todo, de que “cando goberna o PP, o que toca é defender o xa conquistado. Ningunha sociedade pode avanzar se está centrada unicamente en conservar o mínimo”. Méndez puxo como exemplo o caso de Foz, asegurando que “cando un socialista está á fronte dunha administración, hai avances reais: mellores infraestruturas, máis calidade de vida e un compromiso claro cos dereitos da cidadanía”. Apelou tamén á mobilización para os próximos retos: “Temos dous anos decisivos por diante para consolidar a nosa presenza municipal, manter o Goberno de España e conseguir en 2027 o cambio político que a Xunta de Galicia necesita”.
O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, José Tomé Roca, amosou a súa confianza na forza do proxecto socialista na provincia e destacou a importancia de manter a mobilización con vista aos próximos retos electorais. “A día de hoxe, cos datos que manexamos, mantemos todas as alcaldías e seguimos á fronte do Goberno da Deputación. O PP terá que continuar esperando pola Alcaldía de Lugo, pola Deputación Provincial e polos gobernos municipais desta provincia”, afirmou con rotundidade.
Tomé apelou á unidade e ao traballo conxunto: “A partir do verán temos que saír con forza, coa maquinaria preparada, para seguir contando coa confianza da cidadanía. Se o facemos, estou convencido de que poderemos recuperar a Xunta de Galicia da man de Xosé Ramón Gómez Besteiro”. “Ánimo, saúde e a gañar as eleccións municipais”, concluíu.
Tamén asistiron a cita participaron militantes e simpatizantes de numerosas agrupacións da provincia, entre elas as de Vilalba, Lourenzá, Valadouro, Cervo, Alfoz, Barreiros ou O Vicedo.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



