Ribadeo, 5 de mario, 2025. O pasado venres 2 de maio, na biblioteca municipal de Ribadeo, tivo lugar o cuarto evento do ciclo de Soberanía dixital que está a levar a cabo o grupo amarinha.gal durante este 2025.
Tras a benvida pasouse á entrega do fanzine realizado para a ocasión, con artigos do grupo amarinha.gal, Lucía Ferro, José Manuel Ventoso e Antonio Gregorio.
Despois dunha pequena presentación do que se ía facer, desenvolveuse unha charla informativa sobre os blogs (que son, como funcionan, características, blogs galegos, etc) que rematou cunha rolda de preguntas. De seguido, pasouse á creación de un blog para unha das asistentes, o que se fixo dentro da plataforma blogs.amarinha.gal, quedando así por unha banda ilustrado o procedemento e por outra, un novo blog ‘chave en man’, listo para usar, editar e difundir.
Avisouse asemade que a comezos de xuño terá lugar a seguinte sesión do ciclo, desta volta, sobre intelixencia artificial e cun formato diferente, incluíndo diálogo entre varios presentadores, do que se dará información detallada máis adiante.
A modo de lembranza, déixanse os títulos das sesións anteriores do ciclo Soberanía Dixital. Os fanzines correspondentes quedan dispoñibles para descarga en https://blogs.amarinha.gal:
1.- Retomando as prazas públicas
2.- Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos
3.- Linux para a casa






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



