Ribadeo, 7 de maio de 2025. Vitaldent e Acisa Ribadeo acaban de firmar un novo convenio de colaboración que ofrece condicións vantaxosas aos socios e socias do colectivo empresarial así como aos empregados e familiares para o coidado da súa saúde bucodental.
Segundo indica o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, “vimos de renovar o convenio de colaboración coa empresa asociada Vitaldent (Rexistro sanitario C-27-001013), que ofrece aos asociados e asociadas do noso colectivo empresarial condicións vantaxosas para o coidado da saúde bucodental. O novo convenio, vixente ata o 31 de decembro de 2025, ofrece unha primeira consulta gratuíta, incluída ortopantomografía de diagnóstico a todas as persoas pertencentes o colectivo empresarial e aos seus familiares directos, un desconto dun 15% en todos os tratamentos de implantoloxía e ortodoncia realizados nesta clínica, así como o asesoramento necesario para poder obter o financiamento ata doce meses sen intereses e ata un prazo de 5 anos”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “parécenos moi importante remarcar se poderán beneficiar deste acordo todas as persoas pertencentes a Acisa Ribadeo, empresarios e empregados, así como os seus familiares directos, que ademais poderán darse de alta gratuitamente en Mi Vitaldet acudindo á clínica e desfrutar das prestacións gratuítas asociadas o programa. Todas estas vantaxes están suxeitas ás condicións detalladas no convenio firmado no dia de hoxe, que se pode consultar con maior detalle na clínica ou na nosa web www.acisaribadeo.es. Estas ofertas solo poden ser aplicadas na clínica Vitaldent Ribadeo. Indicar tamén que para beneficiarse destas vantaxes o paciente terá que mostrar un certificado emitido por Acisa que o acredite como empregado dun local asociado ou familiar dun empregado”.
Pérez Prada engadiu: “desde Acisa Ribadeo seguimos traballando en acordos que redunden no beneficio das nosas asociadas e asociados, mediante condicións vantaxosas, aforrándolles custes, como neste caso, na saúde bucodental. Sen dubida, esta é unha forma mais de dicirlle ás empresas ribadenses, que ser membro de Acisa ten moitas vantaxes coma esta”.
Para Carmen Cruzado “nos tempos que nos toca vivir formar parte dun colectivo como Acisa, que ten mais de 35 anos, é moi importante. A unión fai a forza para conseguir máis convenios e acordos con empresas privadas, para lograr axudas das institucións públicas e así poder organizar campañas que sexan positivas para os sectores aos que representamos, o que redundará na dinamización da economía local de Ribadeo”.
Asinaron o convenio o director de Vitaldent Ribadeo, Antonio Sánchez García, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado Iglesias.






















A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.



