A subdelegada puxo de relevo que a transición ecolóxica é “unha ponte cara ao futuro” e agradeceu ao tecido empresarial e á alcaldesa o interese amosado
Vilalba, 7 de marzo de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou esta mañá en Vilalba o apoio do Goberno ao tecido empresarial a través dunha nova convocatoria de axudas do Instituto de Transición Xusta. A Casa da Cultura da capital chairega acolleu unha xornada informativa dirixida a empresarias e empresarios da comarca co fin de coñecer estas axudas para o fomento de proxectos que xeren e manteñan emprego nas zonas afectadas polo peche de instalacións intensivas en carbono.
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, foron as encargadas de inaugurar o acto, que contou co relatorio técnico de Nuria Álvarez, axente do territorio para as zonas de transición xusta en Galicia, e de Rosa María Vázquez, consultora da empresa Técnica de Envases Pesqueros Tep, S.A., que compartiu a experiencia dun proxecto apoiado na anterior convocatoria.
Na súa intervención, Isabel Rodríguez destacou que “hoxe falamos de oportunidades reais e transformadoras para a nosa provincia” e subliñou que o Goberno está a poñer en marcha instrumentos que permiten avanzar cara a unha economía máis sostible “sen deixar a ninguén atrás”. Recordou que, desde 2019, investíronse máis de 120 millóns de euros nas zonas de transición xusta de Galicia, con preto de 400 empregos estimados.
Durante a xornada explicáronse dúas liñas de axuda para este 2025: por unha banda, as axudas PPEE para proxectos empresariais xeradores de emprego; e por outra, a liña MINIMIS, centrada en pequenos proxectos de investimento. Ambas están reguladas polas ordes TED/1240/2022 e TED/1239/2022, respectivamente.
Investimentos do ITJ
A subdelegada puxo en valor outros exemplos de axudas que repercutiron positivamente no concello, como o da empresa vilalbesa Estudios Rafer, adxudicataria dunha ampla parte da formación promovida polo Instituto para a Transición Xusta, ou o impacto do programa cultural Dinamiz-ARTj, que “tamén contribúe a crear emprego e cohesión social”.
Finalmente, Rodríguez animou ás persoas empresarias e emprendedoras a participar nestas convocatorias e a aproveitar esta oportunidade de “diversificar o tecido produtivo e garantir que os nosos concellos teñan futuro”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



