Os populares afean a “falta de interese” do bipartito por dar solucións ás familias e ante a resposta da rexedora socialista dubidan que o PAI estea en funcionamento para o vindeiro curso 2025/2026
Vilalba, 7 de maio de 2025. O Partido Popular de Vilalba urxe ao goberno de PSOE e Vilalba Aberta a abrir a inscrición no Punto de Atención á Infancia (PAI) como pedían os populares no último pleno, aínda que as obras non estiveran rematadas, “para ter previsión e facilitar ás familias a atención aos nenos e nenas de menos de 3 anos nalgún centro do municipio e evitar que teñan que buscar alternativas por falta de información ou prazas dispoñibles”.
Máis dunha vintena de nenos e nenas quedaron na lista de agarda da escola de Galiña Azul -segundo as listaxes publicadas este martes 6 de maio- e o goberno municipal “vai tarde un ano máis” en ofrecer solucións ás familias e evitar que “continúen sen saber se van a dispoñer de praza nun dos centros infantís de Vilalba” para o vindeiro curso que lles permita conciliar a vida familiar e laboral.
Os populares consideran “contraditorio” que a alcaldesa asegurara no Pleno que non se pode abrir a inscrición sen ter o regulamento interno de funcionamento aprobado porque “non se pode empezar a casa polo tellado”; xa que “o Concello vén de aprobar o regulamento da piscina exterior cando xa funcionou durante unha temporada enteira”. Dende o Grupo Municipal Popular pregúntanse entón quen empezou, neste caso, a casa polo tellado.
Ante a resposta da señora Rouco, os concelleiros dubidan que o PAI estea en funcionamento para o vindeiro curso 2025/2026 e que, polo tanto, moitos nenos e nenas non dispoñan de praza en Vilalba.
Despois de moitos anos co mesmo problema, os populares din que “a falta de resposta ás familias evidencia un total desinterese do goberno local en materia de conciliación e servizos aos veciños e veciñas”.
É máis, lembran que a alcaldesa reconverteu a iniciativa do Grupo Popular nun rogo “porque non ten intención de ofrecer unha solución nin lle interesaba debater este asunto”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



