Madrid, 8 de maio, 2025. O ‘Festival Bal y Gay’, referente en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en belos escenarios patrimoniais da comarca da Mariña (Lugo) desde 2014, presentou a súa duodécima edición do 12 ao 21 de agosto con 11 destacados concertos. Cuarteto Casals, Cuarteto Quiroga, Denis Kozhukhin, Sara Blanch, Núria Rial, Leticia Moreno, Marco Mezquida, Borja Quiza ou o grupo especializado Os Elementos baixo a dirección de Alberto Miguélez Rouco brillan nunha programación repleta de grandes grupos e solistas españois de recoñecido prestixio internacional con cabida tamén para agrupacións sinfónicas (Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias) ou corais (Coro da Comunidad de Madrid) destacadas a nivel nacional. A presentación tivo lugar este xoves na Casa de Galicia de Madrid coa presenza de Alba Rodríguez, Directora do Festival Bal y Gay; Enrique Rodríguez Baixeras, Presidente da Fundación Xesús Bal y Gay; e Anxo M. Lorenzo, Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. O acto estivo presentado por Clara Corrales (RNE Radio Clásica).
PROGRAMACIÓN ‘FESTIVAL BAL Y GAY 2025’
12 agosto: Denis Kozhukhin (Fortaleza de Alfoz).
13 agosto: Real Filharmonía de Galicia y Coro de la Comunidad de Madrid (Catedral de Mondoñedo).
15 agosto: OSPA con Cuarteto Quiroga (Auditorio Hernán Naval de Ribadeo).
16 agosto: Los Elementos (Basílica de San Martiño de Foz).
16 agosto: Los Elementos y Núria Rial (Igrexa Mosteiro de San Salvador de Lourenzá).
17 agosto: Sara Blanch y Julius Drake (Auditorio de Mondoñedo).
18 agosto: Marco Mezquida (Pazo do Conde de Fontao de Foz).
19 agosto: Leticia Moreno & Friends (Fábrica de Sargadelos de Cervo).
20 agosto: Cuarteto Casals (Auditorio Casa da Cultura de Burela).
21 agosto: Borja Quiza (Teatro Pastor Díaz de Viveiro).
“A NOVIDADE DE CADA ANO É MANTER A CALIDADE E A EXCELENCIA DO FESTIVAL”
“La novedad de cada edición es mantener la calidad y la excelencia del festival en todos los parajes, buscar la fórmula para que no se desvirtúen las propuestas artísticas, manteniendo su versatilidad y diversidad a nivel de repertorio y formación”, sinalou Alba Rodríguez, directora do ‘Festival Bal y Gay’. “Cada propuesta es única. Es la esencia que siempre ha caracterizado al festival. Cada lugar confluye con la propuesta artística para crear una sinergia entre la música, el arte y el patrimonio que tenemos en A Mariña”, engadiu Rodríguez. Neste contexto, “siempre hay artistas nuevos con una combinación perfecta entre artistas que repiten y que consideramos casi de la casa, como pueden ser los dos cuartetos más importantes de España: el Cuarteto Quiroga y el Cuarteto Casals. Ambos confluyen en esta edición, que tendrá otro hito importante: la interpretación del Réquiem de Mozart en la Catedral de Mondoñedo. El primer concierto sinfónico-coral que realizaremos en la historia del festival”, concluíu á hora de valorar a programación deste ano.























A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



