A ordenanza está totalmente redactada, completou o seu período de exposición pública e está lista para a súa aprobación definitiva
Viveiro, 8 de maio, 2025. O BNG de Viveiro vén de denunciar publicamente “a inacción do goberno local do PP en relación coa nova Ordenanza de Tenza de Animais”, un texto que quedou rematado durante o anterior mandato, impulsado pola área de Medio Ambiente que dirixía a nacionalista Míriam Bermúdez.
A normativa, segundo explicou Bermúdez, supón “un paso adiante fundamental no benestar animal e na convivencia en espazos públicos, coa creación de zonas específicas para cans, a regulación da tenza responsable, o control de colonias felinas mediante o método CER, e un sistema de sancións graduado”. O texto xa superou a fase de exposición pública, polo que está listo para ser levado a pleno e aprobado definitivamente.
“Non entendemos por que o goberno do PP ten gardado nun caixón un documento tan necesario e que foi elaborado co máximo rigor técnico e legal. Cada día que pasa sen aprobar esta ordenanza é un día máis de incerteza para as persoas que conviven con animais e un retroceso nas políticas de benestar animal no noso concello”, denuncia Míriam Bermúdez, e afirma tamén que “o PP está a un paso tamén de retirar Seiramar como praia de uso compartido, increiblemente”.
A ordenanza establece obrigas claras para as persoas propietarias de animais, regula a tenza de cans potencialmente perigosos, obriga á identificación mediante microchip, e impulsa a creación das Zonas de Esparexemento Canino (ZEC) en Celeiro, Nogueiras, Xunqueira, Seiramar e Covas. Para o BNG, a non aprobación da normativa supón tamén frear melloras concretas que xa estaban previstas para eses espazos.
“É unha mostra máis do inmobilismo deste goberno, que nin avanza nas súas propias propostas nin permite que se materialicen iniciativas útiles que deixamos traballadas desde o BNG. É responsabilidade do goberno local dar continuidade aos avances, non bloquealos por prexuízos partidistas”, engadiu Bermúdez.
O BNG anuncia que presentará un rogo no próximo pleno ordinario para instar ao executivo municipal a incluír esta ordenanza na orde do día do pleno de xuño, e reclama “un mínimo de responsabilidade e sentido común para non frear un avance que a veciñanza leva moito tempo esperando”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



