Viveiro, 11 de maio, 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Viveiro insta ao goberno municipal a convocar con urxencia unha comisión de traballo para a actualización da ordenanza que regula o servizo de taxi no concello. A actual normativa, aprobada no ano 2016, resulta obsoleta e non garante a cobertura adecuada dun servizo esencial para a veciñanza.
Segundo sinala a voceira do BNG, Míriam Bermúdez, “son moitas as queixas que estamos a recibir por parte da veciñanza, especialmente en relación coa inexistencia do servizo en horario nocturno ou coa ausencia de taxis en determinadas paradas establecidas pola propia ordenanza”.
Bermúdez lembra que na pasada sesión plenaria revisáronse as tarifas aplicables para o ano 2025, “pero resulta incongruente abordar só a parte económica cando o servizo, tal e como está regulado, presenta eivas importantes que afectan directamente á atención á cidadanía”.
A normativa vixente establece no seu artigo 26 que o servizo debe prestarse as 24 horas do día mediante un sistema de quendas de traballo, que deben presentarse antes do 15 de decembro. “Na práctica, isto non se está a cumprir, polo que urxe revisar e consensuar co sector unha ordenanza actualizada que permita garantir un servizo continuo e axeitado”, afirma Bermúdez.
A voceira nacionalista tamén pon o foco na situación de varias paradas de taxi recollidas na norma, como a situada na Rúa do Porto de Celeiro, actualmente afectada por obras e sen previsión de uso, ou a da Avenida de Cantarrá, “un espazo que nunca chegou a utilizarse como parada de taxi e que resta prazas de aparcamento nunha zona de alta demanda”.
Por todo isto, o BNG solicita:
A convocatoria dunha comisión de traballo para a modificación da ordenanza de taxis.
-Que se tramite a solicitude da quenda de servizo correspondente á anualidade 2025, garantindo a prestación do servizo 24 horas.
-Que se faciliten os datos relativos ao número de licenzas máximas permitidas no concello e as licenzas actualmente vixentes/en activo.
-“O servizo de taxi non é un luxo, senón un servizo público básico que debe estar ao servizo da veciñanza, tamén en horario nocturno e nas parroquias”, conclúe Bermúdez.





















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



