Ribadeo, 12 de maio de 2025. Acisa entrega de forma gratuíta 10.000 bolsas inclusivas para o comercio asociado co fin de achegalo ás persoas con discapacidade visual. Trátase dunha iniciativa pioneira en España, que conta co financiamento da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Nas instalacións de Acisa tivo lugar o acto de presentación que contou coa participación, entre outros, da directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, o presidente do Consello Territorial da ONCE en Galicia, Carlos Fernández, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a presidenta e o xerente da asociación empresarial ribadense, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “hoxe para nós é un día importante, porque ten lugar a presentación das novas bolsas que desde Acisa imos distribuír entre as nosas asociadas e asociadas. A entrega de materiais gratuítos é unhas das señas de identidade de Acisa desde hai anos, xa que é algo moi demandado por parte dos negocios asociados. Deste xeito contribuímos a abaratar os custes que un negocio ten que sufragar ao longo do ano. Pero este lote de bolsas é moi especial, porque o que persegue é contribuír á integración das persoas con discapacidade visual. Estas bolsas levan un texto en braille co obxectivo de fomentar a accesibilidade e a igualdade de oportunidades”.
E tivo palabras de agradecemento para “a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade polo seu apoio para poder contar con esta partida de bolsas inclusivas, deseñadas e pensadas para as persoas con discapacidade visual e das que tamén se beneficiará toda a clientela do comercio ribadense para entre todos crear conciencia e sensibilización. Grazas á Dirección Xeral de Comercio polo seu apoio constante e grazas ao Concello de Ribadeo, que foi a porta á que chamamos nesta ocasión para poder contar con estas bolsas para o comercio local, e grazas ao alcalde, Dani Vega, pola súa disposición para axudarnos. E agradecemento especial tamén para a ONCE en Galicia pola súa colaboración para levar adiante este proxecto”.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “Ribadeo e o seu comercio dan un paso máis coa edición e a presentación destas 10.000 bolsas que Acisa vai distribuír nos negocios asociados. Con esta partida de bolsas o que vamos a perseguir é a inclusión das persoas con discapacidade visual. Vamos a sensibilizar a sociedade de Ribadeo e de Galicia. Son as primeiras bolsas que se fan pensando en integrar. Nesa comunicación a importancia de comunicar e tamén en braille. É unha ferramenta, como digo, de informar, de acoller como pobo e como comercio. Queremos procurar que a integración sexa real para todas as persoas con discapacidade visual mediante a compra nos comercios de Ribadeo, con bolsas en braille, para o desenvolvemento da súa autonomía, a capacitación, a habilitación social. Polo tanto, queremos sensibilizar á sociedade sobre os tipos de discapacidade e fomentar o desenvolvemento persoal, a autonomía dos beneficiarios, por iso queremos integrar, como ir aos comercios, con total normalidade, comprar e desenvolver unha actividade fundamental”.
O rexedor subliñou que “Ribadeo volve ser un exemplo para unha idea, unha proposta innovadora, única, repito, única en Galicia e en España. Temos que dar as grazas en primeiro lugar ao grupo social ONCE. Queremos transmitir toda unha colaboración, toda unha proposta de actividades que comezamos con estas 10.000 bolsas, pero vai haber moitas máis, moitas máis propostas para facer un Ribadeo máis aberto e máis acolledor. Tamén á directora Xeral para Persoas con Discapacidade por financiar con eses 15.000 euros a compra destas 10.000 bolsas. E tamén agradecerlle a Gabriel Alén, o director Xeral de Comercio, por acoller esta proposta e traballar de forma unida”.
Vega engadiu: “o comercio tamén pode acoller, o comercio debe acoller e polo tanto é un gran exemplo o que está a facer Acisa e tamén envía unha mensaxe moi importante para o conxunto de Galicia, pensar en todos. O meu agradecemento a Acisa. Dende o Concello, dende a Área de Benestar Social, tanto Elena Sierra a concelleira como a concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, traballaron a proposta, os técnicos municipais da Área de Benestar Social foron fundamentais para redactar esa memoria, esa proposta de integración e resultou beneficiaria desta axuda, que repito, única en Galicia e en España, e que fala ben de Ribadeo. Sigamos propoñendo actividades, sigamos propoñendo propostas serias, concretas, para acoller a todo o mundo, e neste caso, un paso máis na integración, na inclusión social, e polo tanto Ribadeo sigue avanzando tamén con propostas pensando para as persoas”.
O xerente de Acisa destacou que “estas novas bolsas, pioneiras en Galicia e en España, teñen un dos deseños mais fermosos que fixemos, que mostra a esencia de Ribadeo e teñen ese marcado carácter inclusivo, pensando en concreto nas persoas con discapacidade visual, co fin de achegar tamén a eles o comercio local, e co fin de seguir crecendo por parte de Acisa nas súas estratexias de responsabilidade social, xa que como institución empresarial, para nos tamén é importante que pensemos, nas necesidades de todos e todas. Ademais deste xeito entramos nos fogares de moita xente, entregándolles ademais un produto duradeiro, como gran novidade, xa que son bolsas de cartón ríxido, iso quere dicir que se poderán reutilizar para moitas funcións, unha vez que a recibimos na tenda pola compra realizada no seu día. O tamaño das bolsas é o habitual, de tipo mediano que serve para a grande maioría de negocios”.
E engadiu que: “Acisa traballa desde hai anos en política de responsabilidade social. Esta é unha pequena pedra nun longo camiño que emprendemos hai anos e que queremos seguir facendo medrar”.
Ao acto tamén acudiron as concelleiras de Comercio e Benestar Social, Marta Saiz e Elena Sierra, o director territorial de Política Social e Igualdade en Lugo, Óscar Viñas, así como a enfermeira da Área de Benestar Social do Concello, María Roel.
Tras a presentación a comitiva percorreu varios comercios asociados para presentar as bolsas inclusivas de Acisa Ribadeo: For Friends, Galán e Óptica Carreira foron os establecementos visitados.























A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



