Ribadeo, 14 de maio de 2025. Todo está listo para a celebración da I Andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro. Esta actividade lúdico deportiva, que está organizada pola AECC, terá lugar o vindeiro sábado, 17 de maio. Acisa, patrocinador do evento, convida e anima a ribadenses e visitantes a anotarse e participar.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, fai unha chamada á solidariedade con esta causa: “xa que calquera de nós pode ter que botar man dos servizos que presta a AECC, calquera de nos ten amigos, coñecidos ou familiares que padecen cancro ou calquera de nós pode ser afectado”.
Cruzado Iglesias agradeceu “á AECC de Ribadeo e de Lugo a posibilidade de poder colaborar con esta xusta causa. Estamos moi contentos de poder facelo, xa que esta actividade axústase aos fins sociais da nosa asociación. Agardamos que sexa o inicio dun longo percorrido xuntos”.
Jesús Pérez, xerente de ACISA, animou ás veciñas e aos veciños de Ribadeo e os veciños das comarcas próximas: “a facer un oco nas súas axendas o vindeiro sábado, 17 de maio, para participar nesta andaina, que partirá do Parque de San Francisco ás 11:00 da mañá. Queremos encher as rúas da vila de centos de persoas”.
E lembrou que “as inscricións poden realizarse de xeito presencial ata o 16 de maio en horario de 12 a 14 horas no local do rastrillo da AECC, sito na rúa Viejo Pancho, nº 4, ou o mesmo 17 de maio na Sala de Exposicións do Parque de San Francisco (vella oficina de turismo). Debemos aclarar, xa que nos consultaron moitas persoas, que se trata dunha andaina pensada para todas as idades, cun percorrido moi sinxelo de aproximadamente 6 quilómetros, desde o Parque de San Francisco ata a Illa Pancha e volta”.
A I Andaina Ribadeo en Marcha contra o Cancro está patrocinada por Solán de Cabras e Acisa e conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e de Eroski Center.
As persoas que non poidan participar poden colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a AECC. “Todo o que se recade irá destinado a seguir mellorando a vida das persoas con cancro e as súas familias e a impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030”, subliñan desde a AECC en Lugo.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



